jueves, 1 de diciembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 01/12/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
01/12/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA NOMEAMENTO INTERINO POR EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE CARÁCTER TEMPORAL DUN/HA ARQUEÓLOGO/A DE CAMPO
No Boletín oficial da provincial nº 117, de data 22 de xuño de 2015 publicouse a convocatoria para nomeamento interino dun arqueólogo/a de campo destinado á execución de programa de carácter temporal de aproveitamento turístico dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra.
Finalizado este proceso selectivo a aspirante Dona Tania Fábrega García interpuxo recurso contencioso-administrativo contra a Resolución Presidencial pola que se desestimaba o recurso de alzada presentado contra o acordo do tribunal cualificador e a Resolución Presidencial de nomeamento de D. Diego Piay Augusto como funcionario interino.
Mediante sentencia do Xulgado do Contencioso-administrativo nº 1 de Pontevedra de data 10 de outubro de 2016, “estimase o recurso Contencioso-Administrativo, tramitado a instancia de DONA TANIA FÁBREGA GARCÍA, anulando ás resolucións recorridas, e declarando que, con retroacción das actuacións proceda a Administración a ditar Resolución cos resultados da proba práctica de todos os aspirantes que a realizaron, e proceda a ditar Resolución coas puntuacións definitivas dos aspirantes no concurso, procedendo ó nomeamento de quen corresponda”.
Dando cumprimento ó disposto na referida sentenza, por Resolución Presidencia de data 22 de novembro de 2016 acordase:
“1º.—Retrotraer as actuacións do proceso selectivo convocado para nomeamento interino dun arqueólogo de campo para execución do programa de carácter temporal de “aproveitamento turístico dos xacementos galaico – romanos da provincia de Pontevedra” ó momento en que ten lugar a constitución do tribunal cualificador para a valoración dos méritos achegados polos aspirantes admitidos.
2º.—Determinar como data de constitución do tribunal cualificador o próximo día quince de decembro de 2016, ás 13:00 horas no Pazo Provincial, sala de xuntas da planta baixa.
3º.—Determinar como data de celebración da proba práctica o próximo día dez de xaneiro de 2017, ás 9:00 horas no Pazo Provincial, sala de Xuntas da planta baixa. Tal e como sinala a base novena da convocatoria esta proba consiste en expoñer oralmente ante o tribunal a forma na que desenvolverá, dende o punto de vista do posto convocado, a execución deste proxecto de aproveitamento turístico dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra; e será valorada de 0 a 5 puntos. Para a realización desta proba os aspirantes disporán dun tempo máximo de 10 minutos.
4º.—Publicar esta Resolución no Taboleiro de anuncios e páxina web da Deputación e notificala a todas as persoas admitidas neste proceso selectivo”.


CONCELLO DE  CANGAS
CONVOCATORIA PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONFECCIÓN DUNHA LISTA DE AGARDA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PEÓNS DE LIMPEZA DE EDIFICIOS PÚBLICOS
A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas en sesión de data 14/11/2016 aprobou a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a confección dun listado de contratacións ou lista de agarda para a cobertura das necesidades de contratación temporais de peóns de limpeza de edificios públicos polo sistema de oposición libre.
O período de presentación de instancias será de dez días hábiles a contar dende o seguinte ao do publicación do presente anuncio, tempo no que as bases estarán expostas ao público no Taboleiro Municipal e na páxina web do Concello www.cangas.gal.

CONCELLO DE  MEAÑO
CONVOCATORIA DE PROBAS SELECTIVAS PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA REXISTRO E PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES.
ANUNCIO
Aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria de data 14 de novembro de 2016, as seguintes Bases de selección para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo para rexistro e padrón municipal de habitantes, en réxime de interinidade, fanse públicas as bases e a convocatoria:
“BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE PROBAS SELECTIVAS
PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA REXISTRO E PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES

CONCELLO DE  MONDARIZ
APROBACIÓN DEFINITIVA REGULAMENTO DE REXISTRO ELECTRÓNICO
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público , queda automáticamente elevado a definitivo o acordo plenario inicial aprobatorio do Regulamento de Rexistro electrónico cuxo texto íntegro faise público para xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local.

CONCELLO DE  REDONDELA
BASES BOLSA DE EMPREGO TÉCNICO/A DE XESTIÓN
BASES PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN PARA POSIBLES COBERTURAS PUNTUAIS DE POSTOS EN CASO DE URXENTE NECESIDADE
PRIMEIRA.—OBXECTO DA CONVOCATORIA:
A praza a cubrir de forma interina é a de Técnico/a de xestión, pertencente ao grupo A, subgrupo A2 da función pública, dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e as complementarias asignadas na relación de postos de traballo. A dita praza atópase adscrita ao departamento de Intervencion-Tesouraria e pertence ao cadro de persoal funcionario do Concello de Redondela coas funcións expresadas na relación de postos de traballo deste Concello. A presente convocatoria realízase de acordo co artigo 10, do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (EBEP) e artigo 23, da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia (LEG). Co resultado desta selección configurarase unha bolsa de traballo que se utilizará para o suposto de baixa laboral da persoa titular da praza e tamén no caso de que se dea algún outro suposto legal para a cobertura do posto con carácter interino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario