viernes, 9 de diciembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 09/12/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
09/12/2016
CONCELLO DE CUNTIS
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO E DO CADRO DE PERSOAL PARA O EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente en sesión ordinaria do Pleno deste Concello, de data 1 de decembro de 2016, o Orzamento Xeral para o exercicio 2017 e o cadro de persoal, con arranxo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días dende a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións.
De conformidade co acordo adoptado, o Orzamento Xeral para o exercicio 2017 e o cadro de persoal consideraranse definitivamente aprobados, se durante o citado prazo non se presentan reclamacións.


ANUNCIO DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2015
Formulada e rendida a Conta Xeral do Exercicio Económico de 2015 deste Concello, e informada pola Comisión informativa Especial de Contas, Facenda, Persoal e Organización, na súa sesión ordinaria do día 24 de novembro de 2016, exponse ao público no departamento de Intervención desta entidade cos documentos que a xustifican, por prazo de 15 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e da súa exposición no Taboleiro de Anuncios deste Concello, estes anuncios serán publicados na mesma data, para que poida ser examinada e formularse os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os 8 seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
EDICTO EXPOSICIÓN PÚBLICA DO ORZAMENTO PARA O 2017
A Xunta da Mancomunidade do Salnés, na sesión do 01 de decembro de 2016 aprobou inicialmente o orzamento xeral para o exercicio económico 2017 e o cadro de persoal.
Queda exposto ao público na Secretaría da Mancomunidade, por prazo de quince días hábiles, contados dende a inserción deste edicto no BOP, para que nese prazo os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que xulguen pertinentes, de acordo co disposto no artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. As reclamacións deberanse dirixir ao Sr. Presidente da Mancomunidade do Salnés.
De non presentarse reclamacións durante o devandito prazo, o orzamento xeral considerarase definitivamente aprobado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario