lunes, 5 de diciembre de 2016

BOLETINES 05/12/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
05/12/2016
CONCELLO DE VIGO
MODIFICACIÓN BASES ESPECÍFICAS POLICÍA LOCAL (OEP 2010-2011)
Anuncio do acordo relativo á rectificación das bases específicas da convocatoria de prazas de policía local
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 18 de novembro de 2016, adoptou acordo relativo á modificación das Bases Reitoras Específicas da convocatoria correspondente a vinte e tres prazas de policía local (dezaoito pola quenda libre e cinco por mobilidade horizontal), publicadas no BOP nº 240 de 18 de decembro de 2013 e no DOG nº 245, do 24 de decembro, así como a modificación das mesmas no BOP nº 128, de 7 de xullo de 2015, no DOG nº 182, de 23 de setembro de 2015 e no BOP nº 211 de 4 de novembro de 2016 e no DOG nº 213 de 9 de novembro de 2016, incluídas na Oferta de Emprego Público correspondente aos anos 2010-2011:
“Primeiro.—Proceder á rectificación do apartado b) da Base IV.1 -Condicións dos e das aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de Galicia, quedando eliminado de conformidade coa Lei 9/2016, so 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia.
Segundo.—Proceder, de conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, á corrección do erro material do apartado i) da Base IV.1 -Condicións dos e das aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “Os aspirantes ás prazas de Policía Local definitivamente admitidos deberán presentar perante o Órgano de Selección, na data de realización do terceiro exercicio (probas físicas), certificado médico expedido en impreso oficial e asinado por colexiado en exercicio e, que non superará un máximo de tres meses dende a súa expedición, ao obxecto de acreditar a aptitude física, e no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as aptitudes psicofísicas (condicións físicas e sanitarias) necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico. Non se admitirán certificados que non se axusten na súa redacción a estes conceptos (ANEXO IV das Bases). A non presentación do referido certificado suporá a exclusión do aspirante do proceso selectivo.”
Terceiro.—Proceder, de conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, á rectificación do apartado k) da Base IV.1 -Condicións dos e das aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “Aqueles aspirantes que se presenten pola quenda de mobilidade horizontal deberán acreditar que posúen unha categoría igual á da convocatoria (policía) como funcionarios de carreira noutros corpos de policía local da Comunidade Autónoma de Galicia así como unha antigüidade mínima de 3 anos na dita categoría. Tales requisitos acreditaranse mediante certificación expedida pola entidade ou entidades nas que o aspirante prestase os seus servizos”.
Cuarto.—Acordar que as referidas rectificacións se publiquen no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia e e no Taboleiro de Editos da Casa do Concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio nos diarios e boletíns oficiais en que proceda, na prensa local e na páxina web municipal www.vigo.org”.
Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de 1 mes a contar dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de 2 meses dende o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto administrativo firme, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

CONCELLO DE BARRO
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DO CONCELLO DE BARRO PARA O 2017. EDICTO
Aprobación inicial do orzamento para o exercicio do 2017
O Pleno do Concello de Barro en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de novembro de 2016, aprobou inicialmente o orzamento xeral para o exercicio económico do 2017, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo para o citado exercicio.
Segundo dispón o artigo 169 do Rdl. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas locais, exponse ó público na Secretaría do Concello polo prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da súa inserción no Boletín Oficial da Provincia.
As persoas interesadas poderán examina-lo e presetar reclamacións perante o Pleno, no prazo citado.

CONCELLO DE REDONDELA
LISTA DEFINITIVA PERSOAS ADMITIDAS PROCESOS SELECTIVOS PRAZAS OF. CARPINTEIRO, OF. MEDIO AMBIENTE E OPERARIO DE LIMPEZA-OFERTA 2013
Por Resolución do alcalde, con data de 22/11/2016 aprobouse a relación definitiva das persoas admitidas e excluídas para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo do Concello de Redondela, incluídas na oferta de emprego público de 2013, na cal se establece o seguinte:
RESOLUCIÓN
O Alcalde ditou a resolución núm. 2016-1508, con data de 13/07/2016, pola que aprobaba a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral do Concello de Redondela e incluídas na oferta de emprego público de 2013, que se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) núm. 141, do 26/07/2016.
O día 6 de agosto de 2016 finalizou o prazo para poder emendar, no seu caso, os defectos que motivasen a exclusión ou para subsanar outra documentación non excluínte.
Tras non presentarse reclamacións no periodo de alegacións, é polo que, de conformidade coas bases da convocatoria que se aprobaron o 20/04/2016 e que foron publicadas no BOP núm. 77, de 22/04/2016, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello e de acordo coas competencias que me asigna a lexislación local vixente,

CONCELLO DE TUI
PUBLICACIÓN DA CONFIGURACIÓN DE PRAZA TÉCNICO DE XESTIÓN EDICTO
O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 27 de outubro de 2016, estimou o recurso de reposición por Don Jose Angel Fernandez Rodriguez, no senso de manter a configuración inicial do posto segundo a Relación de Postos de Traballo do ano 2008; deixando sen efecto a modificación efectuada por acordo plenario de 25/02/2016.
De conformidade co artigo 202 da Lei 2/2015, de Emprego Público de Galicia, por medio do presente anuncio, procédese á publicación da configuración definitiva da posto de Técnico de Xestión.
PERSOAL FUNCIONARIO:
Descripción: 696.png
CONCELLO DE VALGA
BASES POLAS QUE SE REXE A CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER INTERINO DUN POSTO DE SECRETARIO/A DO CONCELLO DE VALGA
1ª.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
O obxecto do proceso selectivo será a cobertura, por persoal interino por concurso de méritos, do posto de Secretaría desta Corporación reservado a funcionarios/as da subescala de Secretaría, Grupo A1.
Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, o Real Decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos reservados a funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.




BOE                             Descripción: boe    
05/12/2016
MINISTERIO DE JUSTICIA Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia
Orden JUS/1848/2016, de 24 de noviembre, por la que se modifica la Orden JUS/2250/2006, de 3 de julio, por la que se publican los programas de acceso al Cuerpo de Secretarios Judiciales, así como el baremo de la fase de concurso para los aspirantes de acceso por promoción interna. PDF (BOE-A-2016-11549 - 27 págs. - 429 KB)  Otros formatos

Cuerpo de Registradores de la Propiedad, Mercantiles y de Bienes Muebles
Resolución de 25 de noviembre de 2016, de la Dirección General de los Registros y del Notariado, por la que se convoca concurso ordinario nº 295 para la provisión de Registros de la Propiedad, Mercantiles y de Bienes Muebles. PDF (BOE-A-2016-11550 - 7 págs. - 355 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Personal laboral
Resolución de 30 de noviembre de 2016, de la Dirección General de la Función Pública, por la que se excluyen a varios aspirantes del proceso selectivo para ingreso, como personal laboral fijo con las categorías de Titulado Superior de Actividades Específicas, Titulado Medio de Actividades Específicas, Oficial de Gestión y Servicios Comunes, Oficial de Actividades Técnicas y Profesionales y Ayudante de Gestión y Servicios Comunes en el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte y sus Organismos Autónomos, convocado por Resolución de 14 de diciembre de 2015. PDF (BOE-A-2016-11554 - 2 págs. - 161 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE ECONOMÍA, INDUSTRIA Y COMPETITIVIDAD Escala de Científicos Titulares de los Organismos Públicos de Investigación
Resolución de 25 de noviembre de 2016, de la Subsecretaría, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por promoción interna, en la Escala de Científicos Titulares de los Organismos Públicos de Investigación. PDF (BOE-A-2016-11555 - 15 págs. - 304 KB)  Otros formatos

Resolución de 29 de noviembre de 2016, de la Subsecretaría, por la que se modifica la distribución por especialidades de las plazas convocadas por Orden ECC/2910/2015, de 18 de diciembre, para ingreso, por promoción interna, en la Escala de Científicos Titulares de los Organismos Públicos de Investigación. PDF (BOE-A-2016-11556 - 1 pág. - 152 KB)  Otros formatos

COMUNIDAD AUTÓNOMA DE CATALUÑA Cuerpo de Registradores de la Propiedad, Mercantiles y de Bienes Muebles
Resolución de 25 de noviembre de 2016, de la Dirección General de Derecho y Entidades Jurídicas, del Departamento de Justicia, por la que se convoca concurso ordinario nº 295 para proveer Registros de la Propiedad, Mercantiles y de Bienes Muebles. PDF (BOE-A-2016-11557 - 5 págs. - 372 KB) Otros formatos
03/12/2016
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional
Resolución de 1 de diciembre de 2016, de la Secretaría de Estado de Función Pública, por la que se aprueba la relación provisional de admitidos y excluidos y se determina lugar, día y hora del primer examen de las pruebas selectivas para acceso a la Subescala de Intervención-Tesorería, categoría de entrada, de la Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, convocadas por Orden HAP/1499/2016, de 18 de julio. PDF (BOE-A-2016-11517 - 2 págs. - 180 KB)  Otros formatos



DOG                              Descripción: dog
05/12/2016
CONCELLO DE BAIONA
ANUNCIO das bases para a selección de dous axentes da policía local.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 218, do 15 de novembro de 2016, publicáronse as bases de selección de dous axentes da policía local, integradas no grupo C, subgrupo C1, da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía Local do Concello de Baiona, correspondente á oferta pública de emprego de 2016 (1 praza) e outra correspondente á oferta pública 2013, aprobadas por Resolución da Alcaldía do 21 de setembro de 2016. O que se publica conforme o artigo 32.2 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, modificada pola Lei 9/2016, do 8 de xullo. Baiona, 15 de novembro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario