jueves, 29 de diciembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 29/12/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
29/12/2016
CONCELLO DE PONTEVEDRA
APROBACIÓN INICIAL DOS ORZAMENTOS XERAIS DO CONCELLO PARA O EXERCICIO 2017.
Polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 23.12.2016, aprobáronse inicialmente os orzamentos xerais do Concello para o exercicio 2017, integrados polo orzamento do Concello, o do organismo autónomo local Pazo de Congresos e Exposicións e a previsión de ingresos e gastos da sociedade mercantil “Turismo de Pontevedra, S.A.”, cuxo importe consolidado é: de ingresos 73.133.120,00 € e de gastos 73.125.170,00 €.
No mesmo acordo aprobouse inicialmente o cadro de persoal do Concello de Pontevedra para o ano 2017.
Polo tanto, expóñense ao público nas oficinas de Intervención e Xestión Orzamentaria deste Concello durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción deste Edito no Boletín Oficial da Provincia.
Durante este prazo os interesados poderán examinar os expedientes e presentar as reclamacións que teñan por convenientes ante o Pleno da Corporación. De non presentarse reclamacións en prazo, tanto o Orzamento xeral como o Cadro de Persoal consideraranse definitivamente aprobados, entrando en vigor unha vez publicado o resume por capítulos resultante de cada un dos orzamentos que o integran e o propio cadro de persoal. Remitiranse, así mesmo, copias á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma e realizaranse so demais trámites esixidos pola normativa orzamentaria xeral.
Así mesmo, e de acordo co art. Art. 7 c) e e) da Lei 19/2013 (en relación co 5.4 da mesma norma), o detalle do proxecto de orzamentos, así como a súa memoria xustificativa e informes, poderá examinarse no menú “Transparencia” da sede electrónica deste Concello (sede.pontevedra.gal).
Isto de conformidade co establecido nos artigos 169 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; 20 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril; 90 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local e 126 e 127 do RD Lexislativo 781/1986, polo que se aproba o Texto Refundido do Réxime Local.
O que se fai público en exercicio das funcións conferidas a esta secretaría polo artigo 122.5.d) da Lei 7/1985, e 47 e) e 114.7 do Regulamento Orgánico Municipal.

CONCELLO DE AS NEVES
APROBACIÓN DIFINITIVA DO ORZAMENTO MUNICIPAL PARA O EXERCICIO 2017. ANUNCIO
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 22 de decembro de 2016, o Orzamento Municipal para o exercicio económico de 2017 así como o cadro de persoal para dito exercicio, dando cumprimento ao disposto nos artigos 169.1 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 20.1 do RD 500/1990, de 20 de abril, expónse ó público na Secretaría deste Concello, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, coa finalidade de que durante este tempo os interesados poidan examinalo e presentalas reclamacións que estimen oportunas diante do Pleno da Corporación.
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerase definitivamente aprobado, se durante o prazo establecido non se presentan reclamación ao mesmo.

CONCELLO DE RODEIRO
EDICTO DE APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO DE 2016 EDICTO
Sendo definitivamente aprobado, polo Pleno deste Concello, o Orzamento Xeral para o exercicio económico de 2016, por acordo adoptado na sesión extraordinaria celebrada o día 26 de novembro de 2016, en cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo o que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, faise público que os presupostos que nel se integran, tanto como en gastos como ingresos, a nivel de capítulos e na súa contía total, ascenden aos importes que deseguido se sinalan:


CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DA BASE 22 DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DE 2016 EDICTO
En cumprimento do artigo 17.3 do real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ao non presentar alegacións durante o prazo de exposición ao público, queda automáticamente elevado a definitivo o Acordo plenario de data 2 de decembro de 2016 de aprobación inicial da modificación da Bse 22 das Bases de Execución do Orzamento para o exercicio 2016, nos seguintes termos:
Primeiro.—Aprobar a modificación total da Base 22 do Orzamento 2.016 que debe quedar como sigue:

No hay comentarios:

Publicar un comentario