martes, 13 de diciembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 13/12/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
13/12/2016
CONCELLO DE BUEU
NOMEAMENTO DO XEFE DE NEGOCIADO DO DEPARTAMENTO DE INTERVENCIÓN
ASUNTO: Nomeamento de Araceli C. Pérez Morán DNI num. 34248294Y para ocupar con carácter definitivo o posto de Xefe de Negociado do Departamento de Intervención do Concello de Bueu, mediante Resolución adoptada polo Alcalde-Presidente do Concello de Bueu (num. 306-2016) con data 12.05.2016, en base ós antecedentes que constan neste procedemento, a normativa de aplicación, e no exercizo das atribucións recoñecidas no artigo 21.1.r da LBRL.
RESOLVEUSE:
1º Nomear a Araceli C. Pérez Morán, DNI num. 34248294Y, funcionaria de carreira do Concello de Bueu (Pontevedra), integrada no Grupo C, Subgrupo C1 e Escala de Administración Xeral, para ocupar, con carácter definitivo, o posto de Xefe de Negociado do Departamento de Intervención do Concello de Bueu.
As características do posto de traballo que se prové de forma definitiva son as seguintes:
— Denominación do posto: Xefe de Negociado do Departamento de Intervención
— Código Catálogo: Non consta
— Administración: Concello de Bueu
— Dependencia Xerárquica: Área de Facenda Municipal (Resolución de Alcaldía num. 582/2015 de 17.06.2015 (BOP 121 de 26.06.2015)
— Departamento: Intervención
— Subgrupo: C1 Escala de Administración Xeral
— Titulación: Bacharel Superior ou equivalente
— Nivel de complemento de Destino: 19
Funcións: As tarefas e funcións propias do posto son as legalmente previstas para o departamento no que se integra. Especialmente colaborará no desenvolvemento das funcións propias do Interventor Xeral, nos supostos de vacante ou cobertura accidental ou provisional deste posto, previa autorización no seu caso, da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
As tarefas enunciadas que resultan do catálogo de postos de traballo do Concello, non teñen carácter taxativo, toda vez que cada posto desenvolverá todas aquelas similares ás descritas no eido das funcións propias da súa subescala e segundo as posibilidades da organización e as necesidades do servizo:
— Dedicación: Sen especificar
— Xornada: Ordinaria (Art. 22 acordo regulador das condicións de emprego do persoal funcionario ó servizo do Concello de Bueu)
— Complemento Específico anual: 8.477,35€ brutos (14 mensualidades) más as adecuacións previstas nas Leis de Presupostos Xerais do Estado que, no seu caso correspondan.
2º Diferir o cese por necesidades do servizo, consistentes na esixencia de garantir o normal funcionamento dos servizos administrativos que se prestan no departamento de Secretaría, da funcionaria nomeada no posto de traballo que ocupa na actualidade de Xefe de Negociado do Departamento de Secretaría do Concello de Bueu, por necesidades do servizo, que deberá producirse o 20 día hábil seguinte ó da publicación do anuncio de nomeamento no Boletìn Oficial da Provincia.
3º Notificar a presente resolución ó persoal nomeado , coa advertencia que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo de tres días hábiles, contado a partir do día seguinte ó do cese, que deberá efectuarse no vixésimo día seguinte ó da publicación do corespondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que no seu caso teñan sido concedidos ó interesado.
4º Ordear a publicación do correspondente anuncio de nomeamento no B.O.P. e de forma complementaria no Taboleiro de anuncios do Concello e no enlace correspondente ó emprego público da web do Concello de Bueu, e a práctica das notificacións individualizadas ós membros titulares e suplentes, da comisión de valoración.
5º Notificar a presente resolución ó rexistro de persoal do servizo administrativo de persoal do Departamento de Intervención, para o seu coñecemento e para os efectos de que se adopten as medidas oportunas en orde ó seu cumprimento e efectividade, así como ó Departamento de Secretaría e ó Concelleiro Delegado da área de xestión de Facenda Local, modernización da administración local e réxime interior.Documento asinado electronicamente á marxe.

CONCELLO DE MOS
APROBACIÓN INICIAL PRESUPUESTO 2017
Polo Pleno deste Concello, en sesión de 28.11.2016, aprobouse inicialmente o Orzamento Xeral deste Concello para o exercicio 2017.
Xa que logo, de conformidade co previsto polo art. 169 do R.D.. Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, e segundo os arts. 90 e seguintes da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local, expóñense ao público os devanditos expedientes por un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación.
Deste xeito, os expedientes completos permanecerán a disposición dos interesados para que os poidan consultar na Secretaría Xeral da Corporación, e formular as alegacións que teñan por convintes, no devandito prazo. Advírtese expresamente que, de non presentarse alegacións en prazo e segundo o previsto pola lexislación anteriormente referida, o acordo da aprobación inicial entenderase elevado a aprobación definitiva, entrando en vigor o sinalado Orzamento Xeral, logo da súa publicación no B.O.P. na forma legalmente establecida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario