viernes, 30 de diciembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 30/12/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
30/12/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO DE 2017 ANUNCIO
O Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 28 de decembro de 2016, acordou a aprobación definitiva do orzamento xeral da Deputación para o exercicio de 2017, que comprende:
• O orzamento da Deputación de Pontevedra, por importe de 152.382.200,00 euros.
• O orzamento da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, por importe de 498.241,00 euros.
• O orzamento do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contraincendios e salvamento, por importe de 3.285.600,00 euros.
• O orzamento do Consorcio contraincendios e salvamento da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, por importe de 831.030,00 euros.
• O orzamento xeral consolidado, tanto en ingresos como en gastos por importe de 155.444.192,00 euros.
• As bases de execución do orzamento xeral da Deputación, as específicas da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e as do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contraincendios e salvamento e do Consorcio contraincendios e Salvamento da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes
• O organigrama da Deputación, o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e os do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contraincendios e salvamento e do Consorcio contraincendios e Salvamento da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes
• Os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral e eventual da Deputación de Pontevedra, da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, e os do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contraincendios e salvamento e do Consorcio contraincendios e Salvamento da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes
• O Anexo de investimentos para o exercicio 2017.
• O plan (marco) orzamentario a medio prazo 2017-2020.
• O límite de gasto non financiero para o período 2017-2020.
De conformidade co disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais faise público o orzamento xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2017, o resumo por capítulos do xeral e consolidado que se relaciona no anexo que se achega.
Do mesmo xeito, e dacordo co disposto no artigo 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986 polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local reprodúcese o cadro de persoal e a relación de postos de traballo da Deputación de Pontevedra e da Escola Universitaria de Enfermería aprobado xunto ó orzamento xeral

CONCELLO DE AGOLADA
APROBACIÓN INICIAL PRESUPOSTO 2017 EDICTO
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o Orzamento Xeral para o exercicio económico 2017, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo para dito exercicio, en cumplimento do diposto no artículo 169.1 do R.D. Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, e disposicións concordantes, expónse ao público na Secretaría deste Concello, por prazo de quince días hábiles- que empezarán a contarse dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia-, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas o Sr. Alcalde- Presidente desta Corporación.
CONCELLO DE BARRO
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO PARA O EXERCICIO 2017. EDICTO
Anuncio de aprobación definitiva do orzamento para o exercicio do 2017
O acordo de aprobación inicial do orzamento para o exercicio do 2017, que adoptou o Pleno do Concello de Barro na sesión que tivo lugar o 29 de novembro de 2016, elévase a definitivo por non presentarse reclamacións durante o prazo a que fai referencia o artigo 169 do Rdl. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Segundo dispón o artigo 169.3 do citado Rdl., publícase o resumo por capítulos, co seguinte detalle:

CONCELLO DE A GUARDA
APROBACIÓN PROVISIONAL DOS ORZAMENTOS DO CONCELLO PARA O EXERCICIO 2017.
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do día 21 de decembro de 2016, o Orzamento Xeral Municipal para o exercizo 2017, exponse ao público durante o prazo de quince días, a fin de que os interesados poidan examinalo e presentar as reclamacións ante o Pleno, conforme ó artigo 169 do R.D. Lexislativo 2/2004, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais.

CONCELLO DE NIGRÁN
CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A DESIGNACIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR
Expte. nº: 2016/064S
1.—OBXECTO:
A designación de Xuíz de Paz titular do Concello de Nigrán, mediante elección polo Pleno da Corporación e posterior nomeamento pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
2.—PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Os interesados deberán presentar unha instancia no Rexistro Xeral deste Concello no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín oficial da provincia.
3.—CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES:
Para poder ser nomeados os solicitantes deben reunir as seguintes condicións:
a) Ser español e maior de idade.
b) Non estar incluído en ningunha das causas de incapacidade, incompatibilidade ou prohibición previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ANO 2016
Expte. 2016/01 oep
De conformidade co establecido nos arts. 21.1.g e 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, en relación co previsto nos arts. 70 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e 48.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, en cumprimento do previsto nos arts. 20.Uno.3 e 20.Uno.4 da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016, visto o cadro de persoal aprobado polo Concello correspondente ao exercicio orzamentario do 2016 (BOP nº 69 do 12 de decembro de 2016), vista a proposta da Concellería de Persoal de 16/12/2016, a correspondente negociación colectiva e fiscalizado e conforme do Interventor Xeral de data 26/12/2016, a Alcaldía-Presidencia con data 27 de decembro de 2016,
RESOLVE:
PRIMEIRO.—Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2016 que a continuación se detalla:
A) FUNCIONARIOS DE CARREIRA
Denominación: Arquitecto Técnico
Escala: Administración especial
Grupo: A2
Nivel: 24
Número de prazas: 1
B) PERSOAL LABORAL FIXO
Denominación: Técnico de deportes
Categoría profesional: Técnico de deportes
Número de prazas: 1
SEGUNDO.—Proceder á publicación da presente resolución de conformidade coa normativa vixente, facendo saber que contra a mesma poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes a contar dende a data da publicación, recurso que se entenderá desestimado polo transcurso dun mes sen ditarse e notificarse resolución expresa e sen que tal interposición suspenda o acto ditado; ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante os Xulgados do Contencioso-administrativo de Vigo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación; todo o anterior sen prexuízo de calquera outro recurso que estime procedente interpoñer e sexa conforme a dereito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario