jueves, 15 de diciembre de 2016

BOLETINES 15/12/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
15/12/2016
CONCELLO DE PONTEVEDRA
EXTRACTO DOS ACORDOS DA XUNTA DE GOBERNO DE 02.12.2016, NA 1ª SESIÓN EXTRAORDINARIA E URXENTE
Extracto dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra na 1ª sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 02.12.2016
2.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE ORZAMENTO PARA O ANO 2017.

CONCELLO DE VIGO
NOMEAMENTO PERSOAL EVENTUAL ALCALDÍA (ASESORA E AUXILIAR ADMINISTRATIVA) RESOLUCIÓN
Esta Alcaldía-Presidencia, ao abeiro do disposto no art. 12 do Real decreto legislativo 5/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, en canto ao persoal eventual e, no uso das competencias atribuídas polo artigo 124.4, apartados b) e i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, ditou resolución en data 15/06/2016, na que se nomeaba a Dª Mª del Carmen Peralejo Abeleira como auxiliar administrativa do Grupo Municipal Socialista.
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria realizada o 29/04/2016, adoptou acordo de modificación puntual da vixente relación de postos de traballo do Concello de Vigo (BOP nº 220, do 16/11/2010)-Postos de persoal eventual, que foi obxecto de publicación no BOP do 14/06/2016.
Considerando o disposto no art. 12 do Real decreto legislativo 5/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, en canto ás funcións de confianza ou asesoramento especial que presta o persoal eventual, así como as condicións de nomeamento e cesamento do mesmo e nos arts. 104 e 104.bis da LRBRL; no uso das competencias que me atribúe o art. 124.4.b) e i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, pola presente:
R E S O L V O :
Primeiro.—Deixar sen efecto a miña resolución de 15/08/2016, no que se refire ao nomeamento de Dª Mª del Carmen Peralejo Abeleira, que deberá cesar no posto de auxiliar eventual do Grupo Municipal Socialista.
Segundo.—Nomear, con efectos económicos e administrativos do 01/12/2016, persoal eventual suxeito ao previsto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, ás seguintes persoas nos seguintes postos:
POSTO
DEDICACION
RETR.BRUTA ANUAL
NOME
Asesora Alcaldía
Xornada completa
30.380,84 €
Mª del Carmen Peralejo Abeleira, 36106863-Z
Auxiliar Admtva. Alcaldía
Xornada completa
27.710,08 €
Diana Roman Iglesias, 36166334-F
Terceiro.—Dispoñer que o réxime retributivo e o de prestación das funcións de confianza e asesoramento especial será o acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 19/06/2015, modificado polo acordo do mesmo órgano decisorio do 29/04/16.
Cuarto.—Dar conta a Xunta de Goberno Local e establecer así mesmo a súa inclusión no réxime de publicidade previsto no art. 104.bis da LRBRL, dispoñendo a publicación semestralmente na sede electrónica e no BOP da provincia do número de postos de traballo reservados a persoal eventual, dando conta ao Pleno da Corporación con carácter trimestral, e procedendo á correspondente publicación no Portal de Transparencia.
Quinto.—Notifíquese a presente ás interesadas, Xefatura da Área de Recursos Humanos e Formación, Negociado de Seguridade Social, Técnico de Organización e Planificación, Intervención Xeral, Tesourería Municipal, Gabinete Alcaldía e Grupo Municipal Socialista.”

CONCELLO DE CUNTIS
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO PARA O EXERCICIO 2017 ANUNCIO
Aprobado inicialmente en sesión ordinaria do Pleno deste Concello, de data 1 de decembro de 2016, o Orzamento Xeral para o exercicio 2017, con arreglo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días dende a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións.
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentan reclamacións.








DOG                              Descripción: dog
15/12/2016
Escola Galega de Administración Pública

CONCELLO DO IRIXO
ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases do proceso de selección para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo vacante no cadro de persoal municipal, incluída na oferta pública de emprego correspondente ao exercicio do ano 2016.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 269, do 23 de novembro de 2016, publícanse as bases xerais para prover a seguinte praza:
Número de vacantes: unha. Denominación: administrativo. Escala: administración xeral. Subescala: administrativa. Grupo: C-1. Sistema de provisión: concurso-oposición.
Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial que se facilitará no Concello do Irixo.
Lugar de presentación: no rexistro de entrada deste concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao alcalde presidente do Concello do Irixo.
Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios desta corporación.

UNIVERSIDADE DE VIGO
RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2016 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2016.
Conforme o disposto no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Ley del Estatuto básico del empleado público, no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 20 da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016, e 13 e 36 da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, así como consonte o disposto nos estatutos da Universidade de Vigo e no Acordo do Consello de Goberno do 24 de novembro de 2016, polo que se aprobou a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2016, logo da negociación cos órganos de representación do persoal de administración e servizos
RESOLVO:
Primeiro. Publicar a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo para o ano 2016.
Segundo. Esta oferta de emprego público inclúe as necesidades de recursos humanos de carácter permanente no ámbito de administración e servizos con asignación orzamentaria, que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes, segundo se detalla no anexo, dentro do contexto global de restrición orzamentaria que afecta as administracións públicas.
Terceiro. A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Xunta de Galicia autorizou esta oferta de emprego público e emitiu informe favorable o 14 de novembro de 2016.
Cuarto. As convocatorias dos procesos selectivos publicaranse no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, para garantir a publicidade exixida no artigo 75.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e executaranse dentro do prazo máximo previsto no artigo 70 do Estatuto básico do empregado público.
ANEXO
Oferta de emprego público do persoal de administración e servizos
da Universidade de Vigo para o ano 2016



Grupo/
subgrupo
Categoría/escala
Nº de prazas
Promoción interna
Acceso libre
Persoal laboral
I
Técnico superior de orientación e promoción do emprego e emprendemento
-
2
I
Técnico superior de teledocencia
-
1
I
Técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións
1
2
III
Técnico especialista de servizos xerais
4
-
Persoal funcionario
A1
Letrados
-
1
A2
Xestión
8
-
C1
Administrativa
20
-
Polo número de prazas de acceso xeral libre que conforman esta oferta non procede a reserva para persoas con discapacidade prevista no artigo 48.2 da Lei 2/2015.

Consellería de Facenda
54662 Descargar PDF

No hay comentarios:

Publicar un comentario