miércoles, 14 de diciembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 14/12/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
14/12/2016
CONCELLO DE VIGO
RECTIFICACIÓN DE ERROS DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 14/11/2016 (MODIFICACIÓN PUNTUAL RPT)
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente celebrada o día 21/11/2016, adoptou acordo de rectificación de erros no acordo da Xunta de Goberno Local do 14/11/2016 (Expdte 28189/220).
Por tanto, e en cumprimento do preceptuado no artigo 202.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, faise público o seguinte acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente de data 21/11/2016 (Expte.: 28955/220):
“ Primeiro.- Desestimar, en atención ao informe da Area de Recursos Humanos e Formación de data 09/11/2016, as alegacións presentadas por D Ramón Vázquez Martínez, (Doc 160134136 de data de entrada 07/10/2016), D Cayetano Rodríguez Escudero (Doc 160134263, con data de entrada 07/10/2016), D Luis Perez Montes, (Doc. 160135461, con data de entrada 19/10/2016) e D Jose Angel Hermida Fernandez (Doc 160142313 presentada en data 25/10/2016), contra o acordo da Xunta de Goberno local de data 29/09/2016, polo que se aproba inicialmente a modificación puntual da vixente Relación de Postos de traballo do Concello de Vigo (BOP nº 220, do martes 16 de novembro do 2010 e sucesivas modificacións publicadas nos BOP nº 8 de 12/01/2012, nº 60 de 26/03/2012, nº 98 de 23/05/2012, nº 149 de 03/08/2012, nº 180 de 18/09/2012, nº 41 de 27/02/2013, nº 88 de 08/05/2013, nº 16 de 26/01/2016 e nº 24 de 05/02/2016, nº 57 de 23/03/2016, nº 110 de 09/06/2016 e nº 113 de 14/06/2016) .
Segundo.- Aprobar definitivamente a modificación puntual da vixente Relación de Postos de Traballo do Concello de Vigo (BOP nº 220, do martes 16 de novembro do 2010 e sucesivas modificacións publicadas nos BOP nº 8 de 12/01/2012, nº 60 de 26/03/2012, nº 98 de 23/05/2012, nº 149 de 03/08/2012, nº 180 de 18/09/2012, nº 41 de 27/02/2013, nº 88 de 08/05/2013, nº 16 de 26/01/2016 e nº 24 de 05/02/2016, nº 57 de 23/03/2016, nº 110 de 09/06/2016 e nº 113 de 14/06/2016) nos termos da motivación contida no informe-proposta que antecede e das instruccións do servizo da Concellería-delegada da Área de Xestión Municipal de data 10/06/2016 e 09/11/2016, concretada nas modificacións seguintes:
a) Reconfiguración do posto de traballo Cód. retributivo 60 “Xefe/a Educación” nos termos da solicitude enviada pola Concellería-delegada da Área, debendo configurarse cunhas retribucións complementarias de CD nivel 28, CE 625, subgrupo A1 de titulación, Escala de Administración Xeral ou Especial, pasando a denominarse Xefe/a do Servizo de Educación.
b) Modificación da denominación do posto Cód. Retributivo 293 “Xefe/a de Servizo da Pinacoteca Municipal”, redenominándose como “Técnico/a de actividades sociais”, adscribindo dito posto a Unidade Administrativa cód. 233-Arquivo Xeral.
c) Creación da Unidade Administrativa de Comercio, cód. 106, partida funcional 430.0.
d) Reconfiguración do posto Cód. Retributivo "13-Xefe/a de Cultura e Bibliotecas”, modificando a sua denominación pola de “Xefe de Comercio”, debendo configurarse retributivamente como subgrupo A2, CD 26, CE 640, e adscribindo dito posto a Unidade Administrativa Cód. 16.- Comercio
e) Reconfiguración do posto “Oficial Almaceneiro” (Clave do posto 242.05), adscrito ao Servizo de Contratación, cód. 242, redenominándose en "Auxiliar técnico de contratación”, cód. 195, modificándose o seu Complemento Específico que pasa a ser o cód. 142.
f) Modificación dos postos Codg Rtb 655-"Auxiliar administrativo EMAO" e, Cód. retrib. 617-“Auxiliar administrativo IMD” pasando a denominarse “Auxiliar administrativo”, reconfigurándose as retribucións dos mesmos mais as dos postos Cód. 140-”Auxiliar administrativo” e, cód. 138-"Auxiliar" e “Auxiliar “ que pasan a contar todos eles co Complemento Específico, cód. 159.
g) Reconfiguración do posto Codg Rtb 149 “Auxiliar Arquivo” , que pasa a contar co nivel de Complemento Específico cód. 159.
h) Reconfiguración do posto Cód. Retrib. 136 “ Auxiliar Servizos Internos”, que pasa a contar co nivel de Complemento Específico cód. 159.
i) Reconfiguración dos postos Cód. 116.”Capataz Vias e Obras”, Cód. 118-"Capataz Desinfección", 117- "Capataz Electromecánicos", Cód. 121-"Capataz Parque Móbil" e, Cód. 120-"Capataz Montes, Parques e Xardíns", que pasan a contar co nivel de Complemento Específico cód. 307.
j) Reconfiguración dos postos Cód. retributivo 184 “Xefes de Equipo”, que pasa a contar co nivel de Complemento Específico cód. 409.
k) Reconfiguración do posto Cód. retributivo 187 “Xefe Equipo Cemiterios” que pasa a contar co nivel de Complemento Específico cód. 550.
l) Modificación do Complemento de Destino dos postos Cód. 131-"Inspector/a Consumo", Cód. 143-"Inspector/a Control Concesionarias", cód. 255-" Inspector/a Medio Ambiente", Cód. 254-"Inspector/a Mobilidade e Seguridade", Cód. 185-" Inspector/a Obras, Servizos e Infraestruturas", Cód. 142-Inspector/a Sanidade e, Cód. 317-Inspector/a Obras por xentenza xudicial", que pasa a contar co nivel de Complemento de Destino 20.
m) Redenominación do servicio código 328 “Area de Cultura, Festas e Museos”, pasando a denominarse “Área de Cultura”.
n) Adscripción dos postos existentes no código 330-Cultura – Postos Cód. 94 (clave posto 330.05)–Xefe/a Oficina Administrativa Programación Cultural, un posto cód. 105-Administrativo/a Admón. Xeral (clave do posto 330.06) e, posto Cód. retrib. 138 (clave do posto 330.07) -"Auxiliar”, a "Area de Cultura, cód. 328".
o) Adscripción do posto Cód. 253-“Encargado de Instalacións Culturais”, de dous postos Cód. retributivo 147- “Axudante de Oficios”, un deles vacante e, dous postos vacantes Cód. retrib. 158 “Peón traballos exteriores” , existentes no servizo Cód. 014-Museos, a Área de Cultura,cód. 328.
p) Reconfiguración do posto Cód. Retrib. 651 “Profesor/a Linguas da Comunidade Autónoma, redenominándose “Xefe estudos EMAO”, asignándoselle o Complemento Específico, cód. 680.
q) Reconfiguración do posto Cód. Retrib. 650-"Técnico/a Musica Tradicional", asignándoselle o Complemento Específico, cód. 680.
r) Redenominación do posto Cód. retributivo 653-“Tecnico/a Medio Biblioteca EMAO”, pasando a denominarse “Técnico/a Medio/a Biblioteca”, asignándoselle o Complemento Específico, cód. 690.
s) Reconfiguración do posto Cód. retributivo 311-"Xefe/a da Unidade de Técnica Control de Implantación de Servicios na Vía Pública", como susceptible de ser ocupado por funcionarios do Grupo A (subgrupos A1 e A2) de titulacion.
As modificacións contidas nos apartados e), f) g) h), i), j), l), p), q) e r) surtirán efectos dende o 01 de xaneiro de 2016, de conformidade cos acordos adoptados.
As modificacións contidas nos apartados a), b), c), d), m), n), o) e, s) surtirán efectos dende o día 01/12/2016.
Terceiro.- Instar a Alcaldia-Presidencia a realización das modificacións de crédito necesarias para dar cumprimento ás modificacións puntual acordada, nos termos do informe de fiscalización previa emitido ao presente expediente, con cargo á partida orzamentaria “Fondo de regularización retributiva”, e segundo o indicado no apartado anterior do presente acordo.
Cuarto.- Notificar o presente acordo ás áreas e/ou servizos afectados, Xefaturas de Área de Concello de Vigo, Titular da Asesoría Xurídica Municipal, Secretaría Xeral e Intervención Xeral Municipal, e Comité de Persoal, para coñecemento e efectos, remitindo igualmente copia aos órganos competentes da Administración xeral do Estado e da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do prazo de trinta días, debendo publicarse íntegramente no boletín oficial da provincia.”.
Vigo, data segundo sinatura electrónica (delegación competencial por Decreto de Alcaldía de data 19/06/2015 e acordo da XGL da mesma data).—O Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal, Javier Pardo Espiñeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario