05/12/2016
CONCELLO DE VIGO
MODIFICACIÓN BASES ESPECÍFICAS POLICÍA LOCAL (OEP 2010-2011)
Anuncio do acordo
relativo á rectificación das bases específicas da convocatoria de prazas de
policía local
A Xunta de Goberno
Local, en sesión ordinaria do día 18 de novembro de 2016, adoptou acordo
relativo á modificación das Bases Reitoras Específicas da convocatoria
correspondente a vinte e tres prazas de policía local (dezaoito pola quenda
libre e cinco por mobilidade horizontal), publicadas no BOP nº 240 de 18 de
decembro de 2013 e no DOG nº 245, do 24 de decembro, así como a modificación
das mesmas no BOP nº 128, de 7 de xullo de 2015, no DOG nº 182, de 23 de
setembro de 2015 e no BOP nº 211 de 4 de novembro de 2016 e no DOG nº 213 de 9
de novembro de 2016, incluídas na Oferta de Emprego Público correspondente aos
anos 2010-2011:
“Primeiro.—Proceder á rectificación do apartado b) da Base IV.1 -Condicións dos e das
aspirantes-, das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de
23 prazas de policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda
de mobilidade horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da
CCAA de Galicia, quedando eliminado de conformidade coa Lei 9/2016, so 8 de
xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de
policías locais de Galicia.
Segundo.—Proceder, de conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro,
de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, á corrección
do erro material do apartado i) da Base IV.1 -Condicións dos e das aspirantes-,
das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de
policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade
horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de Galicia,
que pasa a contar coa seguinte redacción: “Os aspirantes ás prazas de Policía
Local definitivamente admitidos deberán presentar perante o Órgano de
Selección, na data de realización do terceiro exercicio (probas físicas),
certificado médico expedido en impreso oficial e asinado por colexiado en
exercicio e, que non superará un máximo de tres meses dende a súa expedición,
ao obxecto de acreditar a aptitude física, e no que se faga constar
expresamente que o/a aspirante reúne as aptitudes psicofísicas (condicións
físicas e sanitarias) necesarias e suficientes para a realización dos
exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da
oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte
no certificado médico. Non se admitirán certificados que non se axusten na súa
redacción a estes conceptos (ANEXO IV das Bases). A non presentación do
referido certificado suporá a exclusión do aspirante do proceso selectivo.”
Terceiro.—Proceder, de conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro,
de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, á
rectificación do apartado k) da Base IV.1 -Condicións dos e das aspirantes-,
das bases específicas reitoras da convocatoria para a cobertura de 23 prazas de
policía, 18 delas pola quenda libre e 5 por concurso pola quenda de mobilidade
horizontal para o acceso dende outros corpos da policía local da CCAA de
Galicia, que pasa a contar coa seguinte redacción: “Aqueles aspirantes que se
presenten pola quenda de mobilidade horizontal deberán acreditar que posúen
unha categoría igual á da convocatoria (policía) como funcionarios de carreira
noutros corpos de policía local da Comunidade Autónoma de Galicia así como unha
antigüidade mínima de 3 anos na dita categoría. Tales requisitos acreditaranse
mediante certificación expedida pola entidade ou entidades nas que o aspirante
prestase os seus servizos”.
Cuarto.—Acordar que as referidas rectificacións se publiquen no Boletín Oficial da
Provincia, no Diario Oficial de Galicia e e no Taboleiro de Editos da Casa do
Concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio nos diarios e boletíns
oficiais en que proceda, na prensa local e na páxina web municipal
www.vigo.org”.
Contra o presente acordo
poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de 1 mes a
contar dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ou ben
recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do
Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de 2 meses dende o día seguinte ao
da notificación ou publicación do acto administrativo firme, nos supostos,
termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de
xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
CONCELLO DE BARRO
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DO CONCELLO DE BARRO PARA O 2017. EDICTO
Aprobación inicial do
orzamento para o exercicio do 2017
O Pleno do Concello de
Barro en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de novembro de 2016, aprobou
inicialmente o orzamento xeral para o exercicio económico do 2017, o cadro de
persoal e a relación de postos de traballo para o citado exercicio.
Segundo dispón o artigo
169 do Rdl. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei
Reguladora das facendas locais, exponse ó público na Secretaría do Concello
polo prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da súa inserción no
Boletín Oficial da Provincia.
As persoas interesadas
poderán examina-lo e presetar reclamacións perante o Pleno, no prazo citado.
CONCELLO DE REDONDELA
LISTA DEFINITIVA PERSOAS ADMITIDAS PROCESOS SELECTIVOS PRAZAS OF.
CARPINTEIRO, OF. MEDIO AMBIENTE E OPERARIO DE LIMPEZA-OFERTA 2013
Por Resolución do
alcalde, con data de 22/11/2016 aprobouse a relación definitiva das persoas
admitidas e excluídas para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e
laboral fixo do Concello de Redondela, incluídas na oferta de emprego público
de 2013, na cal se establece o seguinte:
RESOLUCIÓN
O Alcalde ditou a
resolución núm. 2016-1508, con data de 13/07/2016, pola que aprobaba a lista
provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria para cubrir prazas
vacantes de persoal funcionario e laboral do Concello de Redondela e incluídas
na oferta de emprego público de 2013, que se publicou no Boletín Oficial da
Provincia de Pontevedra (BOP) núm. 141, do 26/07/2016.
O día 6 de agosto de
2016 finalizou o prazo para poder emendar, no seu caso, os defectos que
motivasen a exclusión ou para subsanar outra documentación non excluínte.
Tras non presentarse
reclamacións no periodo de alegacións, é polo que, de conformidade coas bases
da convocatoria que se aprobaron o 20/04/2016 e que foron publicadas no BOP
núm. 77, de 22/04/2016, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello e
de acordo coas competencias que me asigna a lexislación local vixente,
CONCELLO DE TUI
PUBLICACIÓN DA CONFIGURACIÓN DE PRAZA TÉCNICO DE XESTIÓN EDICTO
O Concello Pleno, en
sesión ordinaria celebrada o día 27 de outubro de 2016, estimou o recurso de
reposición por Don Jose Angel Fernandez Rodriguez, no senso de manter a
configuración inicial do posto segundo a Relación de Postos de Traballo do ano
2008; deixando sen efecto a modificación efectuada por acordo plenario de
25/02/2016.
De conformidade co
artigo 202 da Lei 2/2015, de Emprego Público de Galicia, por medio do presente
anuncio, procédese á publicación da configuración definitiva da posto de
Técnico de Xestión.
PERSOAL FUNCIONARIO:

CONCELLO DE VALGA
BASES POLAS QUE SE REXE A CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PROVISIÓN CON
CARÁCTER INTERINO DUN POSTO DE SECRETARIO/A DO CONCELLO DE VALGA
1ª.—OBXECTO DA
CONVOCATORIA
O obxecto do proceso
selectivo será a cobertura, por persoal interino por concurso de méritos, do
posto de Secretaría desta Corporación reservado a funcionarios/as da subescala
de Secretaría, Grupo A1.
Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real Decreto
Lexislativo 5/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da
Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, o Real Decreto 1732/1994, do 29 de
xullo, sobre provisión de postos reservados a funcionarios da administración
local con habilitación de carácter nacional e demais normas concordantes, así
como o disposto nesta convocatoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario