miércoles, 1 de febrero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 01/02/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
01/02/2017
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Servizo de Emprego e Economía Social PDF

DEPUTACIÓN PROVINCIAL
EXTRACTOS DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 23/01/2017
EXTRACTOS DE ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL EN SESIÓN, ORDINARIA, CELEBRADA O DÍA 23 DE XANEIRO DE 2017

11. Concédese prórroga das bolsas de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra que rematan durante o mes de febreiro de 2017.
12. Apróbanse as bases que regulan a convocatoria de 15 bolsas de práctica laborais de mestres/as composteiros/as con destino ó Plan Compost revitaliza da Deputación provincial de Pontevedra.
13. Concédese permiso e axuda económica para desprazamentos e asistencia a cursos.
14. Ratifícase a Resolución presidencial relativa á finalización dunha bolsa de práctica laboral de licenciados/as ou graduados/as en historia ou en información e documentación con destino ó servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, por renuncia dunha bolseira (RP nº 2016023906).
15. Ratifícanse as Resolucións presidenciais relativas á finalización de bolsas de práctica laboral en empresas 2016 por renuncias das bolseiras adxudicatarias (RP nº 2016023679, 2016024054, 2016024122, 2017000134 e 2017000269).
16. Ratifícanse as Resolucións presidenciais relativas á finalización de bolsas de práctica laboral en servizos da Deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016 por renuncias das bolseiras adxudicatarias (RP nº 2016024065, 2016024058 e 2016024215).

CONCELLO DE VIGO
APERTURA PRAZO PROCESOS SELECTIVOS PERSOAL LABORAL PROMOCIÓN INTERNA OEP 2013
Con data 25 de xaneiro do 2017, por esta Concellería-Delegada, ditouse a seguinte Resolución:
Primeiro.- Proceder á apertura do prazo da convocatoria do proceso selectivo en execución da Oferta de Emprego Público correspondente ao ano 2013 en relación ás seguintes prazas laborais:
— Oficial Conserxe. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: promoción interna.
— Oficial Xardineiro/a. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: promoción interna.
— Oficial Condutor/a. Número de prazas: 3. Sistema de provisión: promoción interna.
— Oficial Carpinteiro/a. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: promoción interna.
— Oficial Albanel. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: promoción interna.
— Oficial Sepultureiro/a. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: promoción interna.
— Oficial Almaceneiro/a. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: promoción interna.
— Oficial Mecánico/a. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: promoción interna.
Segundo.- O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas ditas convocatorias será de 20 días naturais, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se farán públicos no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Taboleiro de Anuncios da Corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org

CONCELLO DE COVELO
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2017 EDICTO
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o Presuposto Xeral para o exercicio económico de 2017 e Cadro de Persoal, en cumprimento do disposto no artigo 150,1 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, e disposicións concordantes, exponse ó público na Secretaría do Concello, por un prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse dende o seguinte ó día de inserción do presente Edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.
Covelo, na data que figura na marxe.— O Alcalde, Juan Pablo Castillo Amigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario