lunes, 27 de febrero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 27/02/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
27/02/2017
CONCELLO DE   CAMBADOS
SUSPENSIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN DE 4 POLICÍAS LOCAIS.
Suspensión das Bases e Convocatoria para a integración de 4 auxiliares da policía local e interinos no Corpo da Policía Local de Cambados.
O 22 de decembro de 2015 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (nº 246) as “BASES CONVOCATORIA INTEGRACIÓN AUXILIARES POLICÍA LOCAL E POLICÍAS INTERINOS NO CORPO DA POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS”.
Presentados recursos contras mesmas, o 2 de febreiro de 2017 dictouse Decreto da Alcaldía no que se acordou a suspensión do proceso selectivo ata que se resolvan os recursos, dado que poderían causar prexuízos de difícil ou imposible reparación, debendo procederse á súa publicación no BOPPO.
O que se publica dacordo co previsto no artigo 111.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

CONCELLO DE   MEAÑO
PROCESOS SELECTIVOS. LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISION DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO
PROCESO SELECTIVO
RESOLUCION DA ALCALDÍA DE DATA 17 DE FEBREIRO DE 2017 POLA QUE SE APROBA A LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISION DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA REXISTRO E PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES, EN RÉXIME DE INTERINIDADE.
“De conformidade co disposto nas bases reguladoras para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo para rexistro e padrón municipal de habitantes, en réxime de interinidade, aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 14 de novembro de 2016 e publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia nº 230, de data 1 de decembro de 2016, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias para tomar parte neste proceso selectivo e examinadas as solicitudes presentadas.
Esta Alcaldía, en uso das facultades que me confire o artigo 41.14 do R.D. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e o artigo 61 da Lei 5/97, do 22 de xuño, de Administración Local de Galicia, RESOLVE:
1º/ Lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos
Aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, ás probas de selección convocadas para a cobertura dunha praza de auxiliar administrativo para rexistro e padrón municipal de habitantes, en réxime de interinidade, con expresión das causas de exclusión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario