martes, 21 de febrero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 21/02/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
21/02/2017
CONCELLO DE  A ILLA DE AROUSA
CORRECCIÓN DE ERROS, APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO DO CONCELLO 2017
Advertido erro no anuncio publicado no BOP nº 24 de 3 de febreiro de 2017 sobre aprobación inicial do orzamento xeral deste Concello para o exercicio 2017, publícase este anuncio para facer constar que onde di “O Pleno deste Concello, en sesión celebrada en data 14 de xaneiro de 2016, acordou aprobar inicialmente o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2016”, debe dicir “O Pleno deste Concello, en sesión celebrada en data 26 de xaneiro de 2017, acordou aprobar inicialmente o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2017”.

CONCELLO DE  REDONDELA
RECTIFICACIÓN ERRO, LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE INSPECTOR/A DA POLICÍA LOCAL ANUNCIO
Por resolución do alcalde, con data de 8 de febreiro do 2017, tras detectar un erro na resolución do alcalde, núm. 2017-0055, con data de 11/01/2017, que se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 14, do 20/01/2017 e na que se publicaba a lista definitiva de persoas admitidas e se designaba o tribunal cualificador do proceso selectivo que se convocou para cubrir unha praza de Inspector/a da Policía Local, resolveuse rectificar este erro polo que no apartado segundo onde di: “Titular: David Sánchez Villaverde”, debe dicir: “Titular: Daniel Sánchez Villaverde”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario