viernes, 3 de febrero de 2017

BOLETINES 03/02/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
03/02/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS PARA O EXERCICIO 2017
EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 23 DE XANEIRO DE 2017 POLO QUE SE CONVOCA O PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS PARA O EXERCICIO 2017
BDNS(Identif.):330924

CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO CONCELLO 2017 ANUNCIO
O Pleno deste Concello, en sesión celebrada en data 14 de xaneiro de 2016, acordou aprobar inicialmente o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2016, o que en cumprimento do disposto no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 05 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, exponse ó público durante un prazo de 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar as reclamacións que consideren oportunas ante o Pleno.
O Orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario o Pleno disporá dun mes para resolvelas.

CONCELLO DE TOMIÑO
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO CONCELLO 2017 ANUNCIO
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO PARA O EXERCICIO 2017PDF



DOG                              Descripción: dog
03/02/2017
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSI-F e UGT sobre os bombeiros forestais e a súa segunda actividade.
Advertidos erros na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 14, do 20 de xaneiro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 3.194 no punto I, onde di:
«Primeiro. Modifícase o anexo de categorías do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia engadindo á denominación das categorías de peón, peón-condutor, xefe/a de brigada, condutor de motobomba e oficial forestal de defensa contra incendios forestais, vinculadas á prevención en extinción de incendios forestais, o termo “bombeiro/a forestal”, de forma que o nome das categorías sinaladas muda para quedar do seguinte xeito:
V.14. Bombeiro/a forestal peón.
V14.a Bombeiro/a forestal peón-condutor/a».
Debe dicir:
«Primeiro. Modifícase o anexo de categorías do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia modificando a denominación das categorías de peón, peón-condutor, xefe/a de brigada, condutor de motobomba e oficial forestal de defensa contra incendios forestais, vinculadas á prevención e extinción de incendios forestais, o termo “bombeiro forestal”, de forma que o nome das categorías sinaladas muda para quedar do seguinte xeito:
V.14. Bombeiro/a forestal.
V.14.a. Bombeiro/a forestal condutor».
Na páxina 3.196:
No primeiro parágrafo da disposición común primeira, onde di: «A Administración iniciará os trámites para a funcionarización do persoal de prevención e extinción de incendios forestais, comezando no ano 2017 coas categorías profesionais que se acorde coas organizacións sindicais»; debe dicir: «A Administración iniciará os trámites para a funcionarización do persoal de todas as categorías de prevención e extinción de incendios forestais comezando no ano 2017 coas categorías profesionais que se acorde coas organizacións sindicais».

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do I Convenio colectivo do sector de orquestras de verbena de Galicia 2017-2018.
Visto o texto do I Convenio colectivo do sector de orquestras de verbena de Galicia 2017-2018, que foi subscrito con data 14 de novembro de 2016, pola comisión negociadora conformada pola Asociación Galega de Orquestras (AGO), en representación da parte empresarial, e CCOO, UGT, CIG e CSI-F en representación da parte sindical, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, a Secretaría Xeral de Emprego

CONSELLERÍA DE FACENDA
RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
En virtude da Resolución do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 2 de novembro de 2016, aprobáronse as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de persoas admitidas e excluídas, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 (DOG núm. 45, do 7 de marzo), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.


BOE                             Descripción: boe  
03/02/2017
COMUNIDAD AUTÓNOMA DE CATALUÑA Destinos
Corrección de errores de la Resolución TSF/2918/2016, de 16 de diciembre, del Departamento de Trabajo, Asuntos Sociales y Familia, por la que se resuelve el concurso general para la provisión de puestos de trabajo del Cuerpo Superior de Inspectores de Trabajo y Seguridad Social, convocado por Resolución TSF/2215/2016, de 19 de septiembre. PDF (BOE-A-2017-1124 - 1 pág. - 159 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE DEFENSA Escala de Científicos Superiores de la Defensa
Orden DEF/76/2017, de 23 de enero, por la que se publica la relación de aprobados en el proceso selectivo para el acceso, por promoción interna, a la Escala de Científicos Superiores de la Defensa.PDF (BOE-A-2017-1125 - 3 págs. - 174 KB) Otros formatos

Resolución de 20 de enero de 2017, del Ayuntamiento de Ourense, referente a la convocatoria para proveer varias plazas. En el «Boletín Oficial de la Provincia de Ourense» número 2, de 3 de enero de 2017, se han publicado íntegramente las bases que han de regir la convocatoria para proveer: Cinco plazas de Policía Local, pertenecientes a la escala de Administración Especial, subescala de Servicios Especiales, clase de Policía Local, Subgrupo C1, 4 por oposición libre y 1 por movilidad. El plazo de presentación de solicitudes será de veinte días naturales, a contar desde el siguiente al de la publicación de este anuncio en el «Boletín Oficial del Estado». Los sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria se harán públicos en el tablón de anuncios de la Corporación y cuando proceda en el «Boletín Oficial de la Provincia de Ourense». Ourense,

Resolución de 23 de enero de 2017, del Ayuntamiento de A Coruña, referente a la convocatoria para proveer varias plazas. En el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña», número 201, de fecha 24 de octubre de 2016, número 225, de fecha 28 de noviembre de 2016, y número 12, de fecha 18 de enero de 2017, se han publicado íntegramente las bases que regulan el proceso selectivo y sus modificaciones, las cuales han de regir la convocatoria para proveer: Nueve plazas de Policía Local, perteneciente a la Escala de Administración Especial, subescala de Servicios Especiales, clase escala básica, categoría Policía Local, subgrupo C1, 5 plazas por oposición libre y 4 por concurso para movilidad. El plazo de presentación de solicitudes será de veinte días naturales, a contar desde el siguiente al de la publicación de este anuncio en el «Boletín Oficial del Estado». Los sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cuando procedan de conformidad con las bases, a través del teléfono de información municipal 010 y en la página web del Ayuntamiento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario