miércoles, 15 de febrero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 15/02/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
15/02/2017
CONCELLO DE GONDOMAR
APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA Nº 3/17
O Pleno do Concello de Gondomar, en sesión ordinaria celebrada o día 2 de febreiro de 2017, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación de crédito nº 3/17 na modalidade de transferencia de créditos entre aplicacións de gastos de distinta área de gasto que non afectan a baixas e altas de créditos de persoal.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 179.4 do Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, sométese o expediente á información pública polo prazo de quince días, contados desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Se transcorrido ese prazo non se presentan alegacións, considerarase aprobado definitivamente o acordo.

CONCELLO DE MEAÑO
RECTIFICACIÓN DATA DE REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO DUNHA PRAZA DE OPERARIO ENCARGADO DE OBRAS E SERVIZOS
Faise pública a Resolución da Alcaldía pola que se rectifica a data de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición, no proceso selectivo convocado para a provisión dunha praza de operario encargado de obras e servizos con carácter laboral fixo.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
RECTIFICACIÓN DA DATA DE REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO NO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE OPERARIO ENCARGADO DE OBRAS E SERVIZOS, CON CARÁCTER DE LABORAL FIXO, INCLUÍDA NA OFEERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016
Detectado un erro na data fixada, mediante Resolución da Alcaldía de data 13 de xaneiro de 2017, publicada no BOP nº 18 de data 26 de xaneiro de 2017, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado para a provisión dunha praza de operario encargado de obras e servizos, con carácter laboral fixo, incluída na Oferta de Emprego Público 2016, consistente en que a data fixada non respectaría o prazo de 5 días hábiles establecido na base 5 das bases que rexen resta convocatoria para formular alegación a puntuación concedida na fase de concurso.
Esta Alcaldía, en uso das atribucións que lle confire o artigo 41.14 do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e o artigo 61 da Lei 5/971 do 22 de xuño, de Administración Local de Galicia, RESOLVE:
1º.- Proceder a corrección da data sinalada para o día 16 de febreiro de 2017, deixándoa sen efecto, e convocar aos aspirantes admitidos a este proceso selectivo e ao tribunal para a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición para vindeiro o día 22 de febreiro ás 9:30 horas na Casa Consistorial de Meaño.
2º.- Publicala presente Resolución no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello de Meaño. Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria serán publicados páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello de Meaño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario