viernes, 10 de febrero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 10/02/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
10/02/2017
CONCELLO DE VIGO
LISTA PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, COMPOSICIÓN DO ÓRGANO DE SELECCIÓN E LUGAR E DATA DA PRIMEIRA PROBA DA POLICÍA LOCAL OEP 2010-2011 ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente do día 8 de febreiro de 2017 adoptou o seguinte acordo, relativo á Oferta de Emprego Público correspondente aos anos 2010-2011:
“Primeiro.—Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos nos procesos selectivos convocados para a provisión das seguintes prazas: Policía Local (18 oposición libre e 5 mobilidade horizontal), contidas nas Ofertas de Emprego público correspondentes aos anos 2010 e 2011, e en consecuencia declarar admitidos á totalidade dos aspirantes presentados a excepción dos que expresamente se exclúen en listado subseguinte, nos termos do informe emitido polo técnico de Organización e Planificación de Recursos Humanos en data 30/01/2017 e polos motivos indicados co código correspondente:

CONCELLO DE A GUARDA
APROBACIÓN DO PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO DO CONCELLO DA GUARDA
ANUNCIO
En sesión plenaria de data 21 de decembro de 2016 foi aprobado o Plan Económico Financeiro do Concello da Guarda, ó que se expón ó público conforme ao disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, na que se establece que a aprobación dos plans económico-financeiros precisa da mesma publicidade que a establecida polas leis para os orzamentos da entidade.

CONCELLO DE PONTE CALDELAS
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2017 EDICTO
Aprobado definitivamente polo Pleno deste Concello en sesión ordinaria de 03.02.17, o Orzamento Xeral para o exercicio económico de 2017 e a Plantilla do persoal, publicada a aprobación inicial no BOP nº 3 de 4 de xaneiro de 2017 e ao que fai referencia o artigo 169 do R.D.Lex. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público segundo dispón o artigo 169.3 do citado R.D.Lex. o resumo por capítulos, co seguinte detalle:

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO
APROBACIÓN ORZAMENTO 2017
Aprobado definitivamente o expediente do orzamento xeral desta MIBM para o exercicio 2017 pola Xunta de Goberno na sesión celebrada o 2 de febreiro de 2017, polo que ó obxecto de dar cumprimento ó disposto no artigo 70.2 da Lei 7/85 Reguladora das Bases do Réxime Local, e 169 do RDL 2/04, do 05 de marzo, exponse o resume dos estados de gastos e ingresos de dito orzamento consolidado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario