martes, 14 de febrero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 14/02/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
14/02/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DE SEIS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA PERSOAS LICENCIADAS OU GRADUADAS EN HISTORIA OU EN INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN, CON DESTINO AO SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2017
Con fundamento no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade coa proposta da xefa do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 10 de febreiro de 2017, acorda aprobar a convocatoria de seis bolsas para persoas licenciadas ou graduadas en Historia ou en Información e Documentación, segundo as seguintes
BASES
Primeira. Obxecto
Estas bases regulan o procedemento que se seguirá para a concesión de seis bolsas de práctica laboral para persoas licenciadas ou graduadas en Historia ou en Información e Documentación co fin de realizar tarefas relacionadas coa arquivística, a inventariación e a catalogación de arquivos municipais.

CONCELLO DE OIA
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO MUNICIPAL DE OIA PARA 2017 EDICTO
Aprobado polo Pleno deste Concello o Orzamento municipal para 2017, por acordo adoptado en sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 30 de decembro de 2016, e non téndose presentado reclamacións durante o prazo de exposición ó público, en cumprimento do que dispón, o artigo 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, 2/2004 de 5 de marzo, faise público que o orzamento municipal de Oia para 2017, resumido por capítulos, resulta como sigue:

CONCELLO DE TOMIÑO
CORRECCIÓN ERROS, APROBACIÓN ORZAMENTO ANUNCIO
Visto o anuncio de aprobación definitiva do orzamento 2017 publicado no BOPPO nº24 de data 3 de febreiro de 2017, detectados un erros no Cadro de Persoal Laboral Fixo, sinálase que:
Onde di:
Limpadora Centros ensino e instalc.M.
9
0
Certificado escolar
Parcial (7 h/d)
Limpadora Centros ensino e instalc.M.
7
0
Certificado escolar
Parcial (5.5 h/d)
Debe dicir:
Limpadora Centros ensino e instalc.M.
15
0
Certificado escolar
Parcial (7 h/d)
Limpadora Centros ensino e instalc.M.
1
0
Certificado escolar
Parcial (5.5 h/d)
Tomiño 7 de febreiro de 2017.—A Alcaldesa, Sandra González Álvarez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario