martes, 7 de febrero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 07/02/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
07/02/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RECTIFICACIÓN DA LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO PROCESO SELECTIVO DE OFICIAL DE COCIÑA DA BOLSA DE EMPREGO 2016 PRÍNCIPE FELIPE
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado delegado en materia de persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
“Vista a reclamación presentada por don Cesáreo José Costal Fernández ante o Valedor do Pobo 0 28 de decembro de 2016, e ó abeiro do establecido no artigo 109 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, RESOLVO rectificar a Resolución presidencial número 2016019701, de 21 de outubro de 2016, pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo convocado para constituír unha bolsa de emprego de oficial de cociña, e incluír no anexo I da referida Resolución Presidencial a don Cesáreo José Costal Fernández como aspirante admitido.
As persoas interesadas disporán dun prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOPPO, para formular alegacións.”

CORRECCIÓN DE ERROS DO EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DO 23 DE XANEIRO DE 2017 POLO QUE SE CONVOCA O PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS PARA O EXERCICIO 2017 BDNS (Identif.): 330924

EXTRACTO DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “CONECTADAS” PARA O ANO 2017, APROBADAS NA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 27 DE XANEIRO DE 2017  BDNS(Identif.):331518

CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO DO CONCELLO PARA ANO 2017
O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 12-12-2016, acordou a aprobación inicial do Orzamento Xeral deste Concello para o exercicio 2017, publicado no BOP de data 26-12-2016). O non presentarse reclamacións durante o periodo de exposición pública, considerase definitivamente aprobado ó elevarse a definitivo o acordo de aprobación inicial, ó abeiro do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, publícase o resumo do mesmo por capítulos:

CONCELLO DE A LAMA
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO MUNICIPAL 2017
Aprobados inicialmente en sesión extraordinaria do Pleno deste concello, do día 31 de xaneiro de 2017, o Orzamento xeral, as bases de execución e o cadro de persoal funcionario, laboral e eventual, para o exercicio económico 2017, de acordo co previsto no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por un prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, para os efectos de reclamacións e alegacións.
Conforme o acordo adoptado, o Orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante ese prazo non se presentan reclamacións.

CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2017
Faise público, de acordo co disposto no art. 169.3 do RD lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o orzamento do Concello para o exercicio 2017, aprobado definitivamente o non terse presentado reclamacións contra o acordo do Pleno da Corporación de 29 de decembro de 2016. Corresponden a cada capítulo as cantidades que se detallan:

CONCELLO DE CERDEDO–COTOBADE
CREACIÓN DE FICHEIROS PROTECCIÓN DE DATOS ANUNCIO
A Comisión Xestora, en sesión celebrada o 26 de xaneiro de 2017, adoptou o seguinte acordo de creación de ficheiros de protección de datos,
“1.Crear conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e en concordancia cos artigos 52 e seguintes do Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal aprobado por Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, os ficheiros que se contemplan no Anexo, e solicitar a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos.
2.Publicar integramente o contido do acordo no Boletín Oficial da Provincia.
3.Notificar á Axencia Española de Protección de Datos o contido do Acordo adoptado.
Crear e dar de alta os seguintes ficheiros de datos, coas características e niveis de protección que a continuación se indican:

No hay comentarios:

Publicar un comentario