jueves, 9 de febrero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 09/02/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
09/02/2017
CONCELLO DE VIGO
APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN RPT SERVIZO EXTINCIÓN INCENDIOS. EXPDTE 28773/220 ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente celebrada o venres 11/11/2016, adoptou acordo de modificación puntual da vixente Relación de Postos de Traballo do Concello de Vigo–Modificación puntual da vixente RPT, código 89 "Subxefe de Extinción de Incendios e Salvamento". Expediente administrativo nº 28773/220 -, que foi obxecto de publicación no BOP o día 29/11/2016.
Finalizado o período de exposición pública de 20 días, a Secretaria do Goberno Local en data 03 de febreiro de 2017, expide certificación conforme non se formulou ningunha ningunha reclamación no devandito período.
Por tanto, e en cumprimento do preceptuado no artigo 202.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, faise público o seguinte acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente de data 11/11/2016 (Expte.: 28773-220):
“Primeiro.—Modificar puntualmente a vixente Relación de Postos de traballo do Concello de (BOP nº 220, do martes 16 de novembro do 2010 e sucesivas modificacions publicadas nos BOP nº 8 de 12/01/2012, nº 60 de 26/03/2012, nº 98 de 23/05/2012, nº 149 de 03/08/2012, nº 180 de 18/09/2012, nº 41 de 27/02/2013, nº 88 de 08/05/2013, nº 16 de 26/01/2016 e nº 24 de 05/02/2016, nos termos da motivación contida no informe-proposta que antecede, concretada na modificación seguintes:
Reconfiguración do posto de traballo Codg RTB 89 “Subxefe do servizo de Extincion de Incendios e Salvamento” nos termos da solicitude enviada pola Concellería-delegada da Área de Mobilidade e Seguridade, debendo configurarse cunhas retribucións complementarias de CD nivel 26, CE 618 (importe anual 36,635,90€), subgrupo A1 de titulación, pasando a denominarse Xefe/a do servizo de Extincion de Incendios e Salvamento
Segundo.—Acordar o sometemento a información pública por un prazo de 20 días, contados dende a data de aprobación, do presente expediente de modificación puntual da RPT, en cumprimento do disposto no artigo 202 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, transcurrido o cal a aprobación se elevará a definitiva de non se plantexarse reclamacións, desplegando efectos económicos e administrativos de 01/01/2016.
Terceiro.—Instar a Alcaldia-Presidencia a realización das modificacións de crédito necesarias para dar cumprimento ás modificacións puntual acordada, con cargo á partida orzamentaria 92001210300 “Fondo de adecuacion retributiva 2016”, nos termos do indicado nos apartados anteriores.
Cuarto.—Notificar o presente acordo ás áreas e/ou servizos afectados, Xefaturas de Área de Concello de Vigo, e Intervención Xeral Municipal para coñecemento e efectos.”
Vigo, data segundo sinatura electrónica.—O Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal, Javier Pardo Espiñeira (delegación competencial por Decreto de Alcaldía de data 19/06/2015 e acordo da XGL da mesma data).

No hay comentarios:

Publicar un comentario