viernes, 28 de julio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 28/07/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
28/07/2017
CONCELLO DE MARÍN
APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE MARÍN
O Pleno do Concello de Marín, en sesión ordinaria celebrada o 12 de xullo de 2017, adoptou acordo de aprobación definitiva da Relación de Postos de Traballo do Concello de Marín, que en extracto di:
Primeiro.—Resolver, nos termos que figuran no devandito acordo plenario, as alegacións plantexadas ao texto da RPT inicialmente aprobado.
Segundo.—Á vista do informe de EOSA , en aplicación do principio de igualdade, extender a modificación do factor responsabilidade de G2 a G3 aos postos de capataces/ encargados sempre que, coordinen equipos de traballo pertencentes ao grupos profesionais baixos (obras, augas, xardíns, electricidade, limpeza e cemiterio) pasando todos eles a obter G3=23 puntos no factor responsabilidade. Á vista do informe de EOSA , en aplicación do principio de igualdade, extender a modificación do factor de dificultade técnica do G3 ao G4 asinándolle 12 puntos ao resto dos postos técnicos do servizo de urbanismo (Enxeñeiro técnico e Enxeñeiro técnico de obras públicas) ao abeiro do contido funcional descrito na súa ficha de posto de traballo.
Terceiro.—Resolver a discrepancia posta de manifesto polo sr. Interventor no seu informe de 27 de marzo de 2017.
Cuarto.—Aprobar definitivamente a relación de Postos de Traballo do Concello de Marín co texto resultante das modificacións derivadas das alegacións estimadas e das modificación introducidas en aplicación do principio de igualdade.
Quinto.—Acordar, en relación coa valoración económica resultante do estudo de EOSA, o diferimento da súa íntegra aplicación, de forma que se proceda a consolidación do importe asignado a 2016 que alcanza o 25% (111.198,10€) e a dotación para o exercizo 2017 dun 15% (66.718,86 €) adicional.
En consecuencia, o incremento a considerar en 2017 ascenderá ao 40% (177.916,16 €) da valoración económica do estudo presentado.
O resto do importe será obxecto de recoñecemento atendendo ás dispoñibilidades económicas e ó cumprimento dos estándares de eficiencia na xestión pública e criterios financeiros que se deduzan das liquidacións orzamentarias posteriores.
Sexto.—Publicar a RPT do Concello de Marín no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e remitir copia da mesma a Administración do Estado e a Comunidade Autónoma do Galicia.
Sétimo.—Notificar o acordo as persoas que formularon alegacións a aprobación inicial da Relacion de Postos de traballo do Concello de Marín.
De acordo co previsto no artigo 202.3 da Lei 2/2015 de Emprego Público de Galicia, procédese á publicación íntegra d a Relación de Postos de Traballo aprobada:


CONCELLO DE MEAÑO
CONTA XERAL DO CONCELLO DE MEAÑO CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2016
Informada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesión de data 17 de xullo de 2017, a Conta Xeral do Concello de Meaño correspondente ao exercicio económico 2016, exponse ao público mediante edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, na páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello por un prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, durante os cales e oito máis os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións á mesma, ao abeiro do artigo 212.3 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS Á EDUCACIÓN INFANTIL PARA FAMILIAS CON ALUMNOS MATRICULADOS EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS E ESCOLAS INFANTÍS AUTORIZADAS DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURSO 2017/2018 AXUDAS Á EDUCACIÓN INFANTIL, CURSO 2017-2018
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A educación infantil, como etapa educativa que comprende a educación dos nenos e nenas dende os tres meses de idade ata os 6 anos, contribúe ao desenvolvemento psicosocial e físico das persoas, constituíndose como un espazo de socialización e afectividade fundamental no crecemento do/a neno/a e da súa autonomía.
O desenvolvemento das capacidades afectivas, a exploración do medio natural e social, o coñecemento das diferentes linguaxes e forma de expresión, o movemento e ritmo, a motricidade e a aprendizaxe relacional e de convivencia, o inicio na lecto-escritura e habilidades lóxico-matemáticas… constitúen contidos e obxectivos básicos da educación infantil. Neste senso, a escolarización dos nenos e nenas nesta etapa, non obrigatoria pero sí universalizada, é fonte fundamental do proceso de ensinanza e aprendizaxe futuro.´
Por outra banda, o borrador da Estratexia Galega para a Infancia e Adolescencia 2016-2020 sinala, entre os seus principios en relación á persoa menor de idade, “asegurar o respecto completo e efectivo de todos os seus dereitos, así como o seu desenvolvemento integral”, incidindo en medidas enfocadas a procurar o benestar físico, psíquico e emocional.
A escolarización dos/as menores nesta etapa infantil permite cumprir con este principio e garante que dende os primeiros meses de vida a prevención e a detección precoz de factores de risco que poidan comprometer o seu desenvolvemento integral; unha educación que asegure as súas potencialidades, cun modelo educativo inclusivo e de igualdade de oportunidades.
Neste contexto, co obxecto de axudar ás familias máis desfavorecidas economicamente a facer fronte ós gastos derivados da escolarización non obrigatoria dos seus fillos, que é a Educación Infantil pero que supón para os rapaces un avance no seu aprendizaxe e no seu proceso de socialización, e tendo en conta que os programas de axudas para libros xa están implantados en toda a Ensinanza Primaria e Secundaria Obrigatoria, proponse á Xunta de Goberno aprobar a convocatoria de axudas á Educación Infantil, para as súas dúas etapas (0-3 anos e 3-6 anos), dos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e Escolas Infantís debidamente autorizadas de Vilagarcía de Arousa, de acordo coas seguintes

No hay comentarios:

Publicar un comentario