jueves, 20 de julio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 20/07/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
20/07/2017
Deputación Provincial
CORRECCIÓN DE ERROS DO EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, DO 30 DE XUÑO DE 2017, POLO QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 NO ANO 2017
BDNS(Identif.):355292
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:
http: www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
Logo de detectado un erro no punto 5 do extracto do acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, do 30 de xuño de 2017, polo que se aproban as Bases reguladoras dos Cursos de Español para Persoas Inmigrantes para a preparación do DELE A2 no ano 2017, publicado no BOPPO núm. 136, do 17 de xullo de 2017, sinálase que:
Onde di:
“Empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará en 15 días hábiles”
Debe dicir:
“Empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 16 de agosto de 2017”
Pontevedra, 18/07/2017

CONCELLO DE CANGAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL (ROM) ANUNCIO
O Pleno do Concello de Cangas, en sesión ordinaria de data 29 de xuño de 2017, acordou aprobar expresamente, con carácter definitivo, a redacción final do texto do Regulamento Orgánico e de Funcionamento Municipal do Concello de Cangas, unha vez resoltas as reclamacións presentadas e incorporadas as modificacións derivadas das reclamaciones estimadas, o que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

CONCELLO DE FORCAREI
APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DO SAF E ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SAF NO CONCELLO DE FORCAREI. EDICTO
O Pleno Municipal na sesión ordinaria do 20 de abril de 2017, acordou a modificación:
— Regulamento regulador do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Forcarei.
— Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar (dependencia e básico9 do Concello de Forcarei
No BOP nº 97 de data 23 de maio de 2017 publicouse anuncio de exposición pública, non presentándose no prazo de exposición pública reclamacións, polo que entendendo aprobadas definitivamente as modificacións das anteditas Ordenanzas publícase o seu texto íntegro en cumprimento do previsto no artigo 49 da Lei 7/1985 de 2 de abril, facendo constar que contra a aprobación definitiva da ordenanza poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados a partir da data de publicación das mesmas no Boletín Oficial da Provincia.
No Artigo 22 da Ordenanza Reguladora do servizo de axuda no fogar así como no Artigo 5 da Ordenanza Fiscal, o recadro correspondente á porcentaxe de participación no custo do servizo do SAF das persoas usuarias que accedan o servizo a través da modalidade de libre concorrencia queda establecido coma segue:

CONCELLO DE MOAÑA
LICITACIÓN SERVIZO DE TELEFONÍA FIXA E MÓBIL E AS LIÑAS DE DATOS PARA ACCESO A INTERNET NAS INSTALACIÓNS DEPENDENTES DO CONCELLO DE MOAÑA
ANUNCIO DE LICITACIÓN(Contrato de subministro por procedemento aberto)
1. Entidade Adxudicadora
Concello de Moaña.
2. Obxecto do contrato:
“Servizo de telefonía fixa e móbil e as liñas de datos para acceso a internet nas instalacións dependentes do Concello de Moaña”.

CONCELLO DE POIO
APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN: CONVOCATORIA PARA CONSTITUCIÓN DE BOLSA DE OFICIAL CONDUTOR E OFICIAL ALBANEL ANUNCIO
SUMARIO: BASES ESPECÍFICAS PARA A CREACIÓN DE BOLSAS DE TRABALLO NO CONCELLO DE POIO
Por medio do presente procédese a publicación da convocatoria para a elaboración de bolsas dos postos que se detallan segundo as bases específicas aprobadas por acordo número 15089 adoptado pola Xunta de Goberno Local:
Primeira. Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto a presente convocatoria a elaboración das seguintes bolsas de contratación :
alt=1246.png class=frame-1 v:shapes="_x0000_i1026">

CONCELLO DE PONTEAREAS
CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL POR OBRA OU SERVIZO DETERMINADO, DUNHA PRAZA DE FP GRADO SUPERIOR EN INFORMÁTICA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE ACTUACIÓNS PARA O ANO 2017 NA AULA CEMIT ANUNCIO ALCALDIA
CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL POR OBRA OU SERVIZO DETERMINADO, DUNHA PRAZA DE FP GRADO SUPERIOR EN INFORMÁTICA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE ACTUACIÓNS PARA O ANO 2017 NA AULA CEMIT
Con data 31/05/2017 aprobáronse por Resolución de Alcaldía, a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación temporal, por obra ou servizo determinado, a tempo completo, FP grado Superior en Informática para o desenvolvemento do programa de actuacións para o ano 2017 na aula CeMIt.
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días naturais, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web, www.ponteareas.gal

CONCELLO DE SANXENXO
EXPOSICIÓN CONTA XERAL 2016 EDICTO
De acordo ao disposto no artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, suxeitase a información pública a conta xeral do Concello, relativa ao exercicio de 2016, xunto co informe da Comisión especial de contas, co fin de que durante 15 días e 8 máis, os interesados poidan presentar reclamacións, reparos ou observacións. Examinados estes pola Comisión especial e practicadas cantas comprobacións estime necesarias, emitirá novo informe. A conta refírese a todos os entes en consolidación orzamentaria de acordo ao disposto no artigo 164.

ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA (CALDAS DE REIS)
APROBACIÓN CONTA XERAL 2016
En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao ejercicio 2016, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis os que se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

CONCELLO DE CERDEDO–COTOBADE
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2017. ANUNCIO
Por resolución da Presidencia de data 13.07.17 adoptouse a seguinte resolución:
“Vista a Ordenanza para a concesión de subvencións en materia de actividades culturais e deportivas, aprobada inicialmente polo Pleno en data 28/08/2008, e publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia n.º 210, de data 29/10/2008, entrando en vigor ao día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo do establecido no artigo 65.2 da Lei 7/85 reguladora das Bases de Réxime Local.
Vista a certificación de existencia de crédito de intervención de data 11 de xullo de 2017 ; en virtude das competencias atribuidas polo artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Cerdedo-Cotobade,

No hay comentarios:

Publicar un comentario