jueves, 6 de julio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 06/07/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
06/07/2017
Deputación Provincial
BASES REGULADORAS DAS AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2017
Primeira. Obxecto e natureza
Segundo o establecido no artigo 31 do Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu cofinanciamento, as deputacións proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios municipais.
É labor da Deputación de Pontevedra apoiar os gobernos locais da provincia que presten servizos sociais comunitarios municipais, en virtude das competencias atribuídas polo artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, que establece a competencia propia das deputacións provinciais para a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos concellos, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, polos artigos 109.1.b da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia; 63 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e 31 do citado Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
Estas axudas xorden co obxectivo de lles proporcionar aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de urxente e puntual necesidade das veciñas e veciños que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo.
Segunda. Destinatarios
Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra a través dos seus servizos sociais comunitarios.

CONCELLO DE CATOIRA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL PARA EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 20 de xuño de 2017, o Orzamento Xeral deste Concello para o exercicio de 2017, así como as Bases de Execución, o Teito de Gasto e a Relación de Postos de Traballo, de conformidade co disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse o expediente ao público polo prazo de quince días hábiles, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

CONCELLO DE LALÍN
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL MUNICIPAL PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2017, O CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO, A RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E O CADRO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO PARA O CITADO EXERCICIO, EXPOSICIÓN PÚBLICA ANUNCIO
Transcorrido o prazo dun mes indicado no artigo 197 bis apartado cinco sen que se presentara moción de censura, entendese aprobado inicialmente o Orzamento Xeral Municipalpara o exercicio económico de 2017, así como o cadro de persoal funcionario, a relación de postos de traballo e o cadro do persoal laboral do concello para o citado exercicio, polo que de conformidade co disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 , de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ábrese un período de exposición ó público de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial daProvincia, co fin de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De non presentarse reclamacións durante o devandito prazo, o Orzamento Xeral considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
APROBACIÓN INICIAL PLAN ECONÓMICO FINANCIEIRO 2017/2018 ANUNCIO
O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o día vinteseis de xuño de mil dezasete, aprobou o Plan económico financeiro 2017/2018, en cumprimento do establecido no artigo 26 do Regulamento de Desenvolvemento da Lei 18/2001, de 12 de decembro, de Estabilidade Orzamentaria, aprobado por Real Decreto 1463/2007, de 2 de novembro, faise pública a aprobación do Plan o cal estará a disposición dos interesados na sede deste Concello.

APROBACION DEFINITIVA ORZAMENTO 2017
Aprobado definitivamente o Orzamento Xeral do Concello para o 2017, en sesión celebrada o dia 26 de xuño de2016, de conformidade co artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, publícase o resumo do mesmo por capítulos:

CONCELLO DE SILLEDA
ACORDO DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO CONCELLO DE SILLEDA PARA 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello de Silleda, na sesión celebrada o día 25 de maio de 2017 o Acordo de modificación das bases de execución do Orzamento do Concello de Silleda para 2017, en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas locais, e disposicións concordantes, exponse o público na secretaría do Concello, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no boletín oficial da provincia, ós efectos de exame e reclamacións.
No caso de que non se formule ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario