miércoles, 19 de julio de 2017

BOLETINES 19/07/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
19/07/2017
Deputación Provincial
CONVOCATORIA DO PLENO PARA A SESIÓN EXTRAORDINARIA DE 28 DE XULLO DE 2017. ANUNCIO
Por Resolución Presidencial de data 14 de xullo de 2017, (nº de rexistro de saída 2017013836 de 17/07/2017), convócase sesión extraordinaria, a petición do Grupo Provincial do Partido Popular, do Pleno da Deputación de Pontevedra para o día 28 de xullo de 2017, (venres), ás 13:30 horas, coa seguinte:
ORDE DO DÍA
1.—Declaración de apoio ao mantemento da totalidade dos servizos prestados na Cidade Infantil, especialmente na Unidade de Primeira Acollida e o réxime de internamento.

CONCELLO DE VIGO
BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO E CONSOLIDACIÓN EMPRESARIAL A TRAVÉS DO TRABALLO COLABORATIVO 2017.
BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA A O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO E A CONSOLIDACION EMPRESARIAL A TRAVÉS DO TRABALLO COLABORATIVO
BASE 1ª.—OBXECTO, FINALIDADE E BENEFICIARIAS DAS SUBVENCIÓNS
Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas a autónomos e micropemes (entendidas estas, como persoas xurídicas que teñan unha plantilla inferior a 10 persoas traballadoras e un volume de negocio e balance inferior a 2 millóns de euros) constituídas legalmente como tales, para o fomento do emprego, mediante o emprendemento, fomentando o emprego en entornas colaborativas (espazos de traballo compartidos entre varios usuarios (coworking)) entre as persoas traballadoras autónomas e microempresas de Vigo, dende o 01 de xaneiro ao 30 de setembro de 2017. Están dirixidas a fomentar o emprego e/ou a consolidación do mesmo, a través de axudas para o aluguer de espazos en entornas colaborativas ofertadas por terceiros na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a colaboración empresarial ou con profesionais independentes doutras actividades, reducindo custes de funcionamento e mellore a información, formación a colaboración e a oferta de servizos empresariais.
A finalidade ou obxectivo que se pretende acadar coa convocatoria é o fomento do emprego e a consolidación dos proxectos empresariais das persoas emprendedoras e das micropemes, en particular:
— Facilitar a consolidación de proxectos de emprendemento empresarial.
— Fomentar o uso de entornas colaborativas (espazos de traballo compartidos entre varios usuarios (coworking)) na cidade, cara á redución de custes e á eficiencia empresarial.
— Potenciar a xeración e continuidade de grupos empresariais e autónomos en entornas colaborativas.
— Facilitar os inicios ás persoas emprendedoras e ás micropemes, cunha axuda económica destinada ao aluguer de espazos para o desenvolvemento da súa actividade en colaboración con outros profesionais, na mesma entorna.
— Fomentar o traballo empresarial en rede (networking), mediante o compartimento de espazos físicos con outros empresarios e persoas emprendedoras, establecer novas relacións, coñecer outros puntos de vista e crear novas sinerxias.
Poderán concorrer a esta convocatoria pública as persoas autónomas e micropemes, que teñan o seu domicilio social e fiscal en Vigo.

CONCELLO DE CALDAS DE REIS
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES CULTURAIS DE DEPORTIVAS. ANUNCIO
De conformidade co disposto na Resolución de Alcaldía de data 6 de xullo de 2017, fanse públicas as “bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de actividades culturais de deportivas, e polo que se procede á súa convocatoria para o ano 2017.”,
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES CULTURAIS DE DEPORTIVAS.
Disposicións Xerais:
Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades sociais, culturais ou deportivas que organicen as asociacións sen ánimo de lucro no ámbito territorial do Concello de Caldas de Reis durante o ano 2017, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia, non discriminación e igualdade.
Os fins indicados anteriormente efectuaranse de conformidade coa normativa aplicable especialmente prevista nos artigos; 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local; 294 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local; 40.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais; e 23 e seguintes do regulamento de subvencións das corporacións locais; Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións; Real Decreto 2225/1993, do 17 de decembro, en canto non se opoña a esta última, Ordenanza Xeral de subvencións do Concello de Caldas de Reis (B.O.P. nº 183 de 22/09/2005), e Bases de Execución do Orzamento vixentes.
As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo á aplicación orzamentaria 334.483.00 do orzamento vixente, sen que poidan exceder no seu conxunto de 20.000,00 euros, e de 3.000,00 € a contía máxima por beneficiario

CONCELLO DE A ESTRADA
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL, 2016.
Con data do 12 de xullo de 2017, a Comisión de Facenda e Especial de Contas ditaminou a conta xeral deste Concello correspondente ao exercicio orzamentario de 2016, que se expón ao público por espazo de quince días na Intervención municipal para que, durante ese prazo e os oito días seguintes, os interesados poidan presentar reclamacións, reparos ou observacións, de conformidade co establecido no artigo 212.3 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo R. Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

CONCELLO DE MARÍN
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, PROMOCIÓN INTERNA OEP 2016
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA SRA. ALCALDESA – PRESIDENTA María Ramallo Vázquez
Expte 166/17. Listaxe Provisional de aspirantes admitidos. Promoción interna OEP 2016
Rematado o prazo para a presentación de instancias de participación nos procesos selectivos para a promoción interna a diversas prazas de funcionario do Concello de Marín incluidas na OEP 2016, de acordo co previsto nas bases xeráis e específicas dos procesos selectivos para a promoción interna, publicadas no BOP de Pontevedra nº 87 de 8 de Maio de 2017, esta Alcaldía no uso das facultades que ten atribuidas polo art. 21 da Ley 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,
RESOLVE
PRIMEIRO.—Aprobar a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluidos ao proceso selectivo para a promoción interna de varias plazas incluidas na OEP 2016.
 de xullo de 2017

CONCELLO DE MEAÑO
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL.
A Xunta de Goberno Local, en sesión de data 4 de xullo de 2017, aprobou as Bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal do seguinte persoal:
— Profesores a tempo parcial para a Escola Municipal de Música de Meaño: 1 música e movemento, 1 inicio linguaxe musical, 2 linguaxe musical, 1 piano, 1 coro, 1 banda, 1 guitarra, 1 clarinete, 1 saxofón, 1 trompeta, 1 bombardino/tuba, 1 percusión, 1 chelo, 1 oboe, 1 fagot, 1 frauta, 1 trombón e 1 trompa.
— 1 Fisioterapeuta a tempo parcial Centro Social Polivalente
— 3 coidadores/as a tempo parcial Aula de acollida e comedor escolar CEIP Coirón
— 1 Monitor/a de actividades físicas a tempo parcial para a impartición de actividades fisico-deportivas
— 7 limpadores/as a tempo parcial para o CEIP As Covas e Coirón, Escola Infantíl de 0-3 anos, Pazo de Lis e pavillóns.
— 1 Técnico/a e 1 Mestre/a en Educación Infantíl a xornada completa/parcial segundo as necesidades do servizo para a Escola Infantíl de 0-3 anos.
Os/as interesados/as en participar nestes procesos selectivos poderán presentar as súas solicitudes no prazo de dez días hábiles a contar desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases integras atópanse publicadas na páxina web do Concello de Meaño www.concellodemeano.com.

CONCELLO DE VILA DE CRUCES
DELEGACION ALCALDIA EN MESA DE NEGOCIACION. ANUNCIO
Pola Alcaldía con data de 7 de xullo de 2017 adoptouse o DECRETO nº 2017-0242 que se transcribe a continuación:
“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
ASUNTO: DELEGACIÓN REPRESENTACIÓN DO CONCELLO NA MESA DE NEGOCIACIÓN
Visto que esta Alcaldía, de conformidade co artigo 43.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ten recoñecida por Lei a posibilidade de efectuar delegacións especiais en calquera concelleiro para a dirección e xestión de asuntos determinados incluídos nas citadas áreas.
Visto que, habendo sido convocada a Mesa de Negociación para a aplicación do incremento salarial do 1% previsto na lexislación orzamentaria, e que non poderei asistir á mesma por atoparme ausente, é necesario delegar a representación do Concello na dita Mesa no Concelleiro Delegado en Materia de Facenda, D. Manuel Souto López, con atribucións en materia de persoal.
De conformidade co establecido nos artigos 9 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Publico, 21.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de acordo cos artigos 43, 44, 45, 114 a 118, 120 e 121 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro,
RESOLVO:
Primeiro. Delegar a representación do Concello na dita Mesa no Concelleiro Delegado en Materia de Facenda, D, Manuel Souto López.
Segundo. Publicar o presente Decreto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Terceiro. Contra a presente Resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente recurso de reposición potestativo ante o Alcalde deste Concello, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor Vd. calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito”.

CONCELLO DE VILABOA
CONVOCATORIA PARA A CONFECCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CATEGORIA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO CON CARACTER DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO
Por Resolución de Alcaldía nº 281 de 14 de xullo de 2017, aprobáronse as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir as posibles prazas vacantes de persoal funcionario desta Corporación, con carácter de interinidade mediante o sistema de oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de sete días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do Concello (www.vilaboa.org) Vilaboa, 14 de xullo de 2017.




DOG                                             Descripción: dog                                                         
19/07/2017
Consellería de Facenda


CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

EXTRACTO da Orde do 11 xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2017 e 2018. 34819 Descargar PDF




BOE                                                          Descripción: boe  
19/07/2017
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL  Destinos
Resolución de 12 de julio de 2017, de la Subsecretaría, por la que se resuelve el concurso específico, convocado por Resolución de 10 de abril de 2017, en el Servicio Público de Empleo Estatal. PDF (BOE-A-2017-8428 - 3 págs. - 239 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE SANIDAD, SERVICIOS SOCIALES E IGUALDAD Destinos
Resolución de 14 de julio de 2017, de la Subsecretaría, por la que se resuelve el concurso específico, convocado por Resolución de 14 de febrero de 2017. PDF (BOE-A-2017-8429 - 10 págs. - 369 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL Escala de Médicos Inspectores del Cuerpo de Inspección Sanitaria de la Administración de la Seguridad Social
Resolución de 14 de julio de 2017, de la Subsecretaría, por la que se anula la de 26 de junio de 2017, por la que se aprueba la relación provisional de admitidos y se anuncia fecha, hora y lugar de celebración del primer ejercicio del proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en la Escala de Médicos Inspectores del Cuerpo de Inspección Sanitaria de la Administración de la Seguridad Social, convocado por Resolución de 24 de abril de 2017. PDF (BOE-A-2017-8432 - 1 pág. - 148 KB)  Otros formatos

COMUNIDAD AUTÓNOMA DEL PAÍS VASCO Especialidades sanitarias
Resolución 825/2017, de 13 de junio, de la Dirección Gerencia de la Organización Sanitaria Integrada Donostialdea, por la que se convoca concurso para la provisión de puesto de trabajo de Jefe de Sección de Ginecología (área Oncología). PDF (BOE-A-2017-8433 - 8 págs. - 213 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y DE COOPERACIÓN Traductores-Intérpretes Jurados
Resolución de 17 de julio de 2017, de la Subsecretaría, por la que se aprueba la relación provisional de admitidos y excluidos y se anuncia lugar, fecha y hora de celebración del primer ejercicio de los exámenes para la obtención del Título de Traductor-Intérprete Jurado, convocado por Resolución de 8 de marzo de 2017. PDF (BOE-A-2017-8444 - 2 págs. - 185 KB)  Otros formatos

UNIÓN EUROPEA. CURSOS
Resolución de 14 de julio de 2017, de la Subsecretaría, por la que se convoca el 121º Curso sobre la Unión Europea. PDF (BOE-A-2017-8445 - 1 pág. - 154 KB)  Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario