miércoles, 5 de julio de 2017

BOLETINES 05/07/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
05/07/2017
Deputación Provincial

CONCELLO DE Pontevedra

CONCELLO DE Vigo




CONCELLO DE Cuntis

CONCELLO DE Lalín

CONCELLO DE Ponteareas


CONCELLO DE  Porriño, O

CONCELLO DE   Vila de Cruces

CONCELLO DE  Vilagarcía de Arousa


Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Arousa
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO CONTA XERAL DO EXERCICIO 2016. PDF



DOG                                             Descripción: dog                                                         
05/06/2017
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de maio de 2017 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música non dependentes desta consellería.
Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 104, do 2 de xuño de 2017, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 26690, no último parágrafo do artigo 1, onde di: «... desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2017.», debe dicir: «... desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2017.».

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 19 de maio de 2017 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música non dependentes desta consellería.
O artigo 108.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, clasifica como centros públicos aqueles que teñen como titular unha Administración pública.
Determinados concellos da Comunidade Autónoma de Galicia veñen desenvolvendo un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas de música.
O artigo 48.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que poderán cursarse estudos de música ou de danza que non conduzan á obtención de títulos con validez académica ou profesional en escolas específicas, con organización e estrutura diferentes e sen limitación de idade.
A Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 11 de marzo de 1993, regula a creación e o funcionamento das escolas de música da Comunidade Autónoma de Galicia, salientando a especial responsabilidade das corporacións locais nesta materia e no seu punto 12 clasifica as escolas de música como públicas ou privadas, segundo o seu titular sexa un organismo de carácter público, ou unha persoa física ou xurídica de carácter privado.
A notable demanda das ensinanzas de música xustifica o crecemento no número de centros para achegarlles aos interesados a posibilidade de cursar estas ensinanzas para realizar unha formación non regrada nas escolas.
En consonancia coa política de axudas aos concellos desta consellería e co fin de potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música á vista da crecente demanda destas ensinanzas e coa finalidade de lles prestar apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria considera conveniente convocar esta orde de axudas.
Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas e subvencións, e no establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, e ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.
Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
Facer pública a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a subvencionar o funcionamento dos seguintes centros:
a) Escolas de música das cales sexan titulares os concellos (procedemento ED314E).
b) Escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais (procedemento ED314D).
Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2017.

Consellería de Facenda

CONCELLO DE LUGO
ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público para o ano 2016.
Faise público que, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, foi publicado o anuncio relativo á modificación da oferta de emprego público para o ano 2016.
A dita modificación foi aprobada pola Xunta de Goberno local do Concello de Lugo, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 5 de abril de 2017.

ANUNCIO de modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral en quenda libre.
Faise público que no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 99, do 2 de maio de 2017, foi publicado o anuncio relativo á modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.
A dita modificación foi aprobada pola Xunta de Goberno local do Concello de Lugo, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de marzo de 2017.



BOE                                                          Descripción: boe  
05/06/2017
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Empleados públicos
Resolución de 30 de junio de 2017, de la Secretaría de Estado de Función Pública, por la que se aprueba y publica el Acuerdo de las Mesas Generales de Negociación de la Administración General del Estado de 30 de mayo de 2017, por el que se modifica el Acuerdo de 29 de octubre de 2012, sobre asignación de recursos y racionalización de las estructuras de negociación y participación. PDF (BOE-A-2017-7768 - 23 págs. - 571 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL Formación profesional para el empleo
Real Decreto 694/2017, de 3 de julio, por el que se desarrolla la Ley 30/2015, de 9 de septiembre, por la que se regula el Sistema de Formación Profesional para el Empleo en el ámbito laboral. PDF (BOE-A-2017-7769 - 36 págs. - 548 KB)  Otros formatos

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL Destinos
Resolución de 27 de junio de 2017, de la Presidencia del Tribunal Constitucional, por la que se resuelve el concurso, convocado por Resolución de 21 de abril de 2017. PDF (BOE-A-2017-7770 - 1 pág. - 148 KB) 

CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Nombramientos
Acuerdo de 29 de junio de 2017, del Pleno del Consejo General del Poder Judicial, por el que se nombran Letrados del Gabinete Técnico al servicio del Tribunal Supremo. PDF (BOE-A-2017-7771 - 1 pág. - 149 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE DEFENSA Escala de Cabos y Guardias de la Guardia Civil
Resolución160/38170/2017, de 3 de julio, de la Jefatura de Enseñanza de la Guardia Civil, por la que se publica la relación definitiva de admitidos y excluidos de la convocatoria de las pruebas selectivas para el ingreso en los centros docentes de formación para la incorporación a la Escala de Cabos y Guardias de la Guardia Civil. PDF (BOE-A-2017-7777 - 1 pág. - 153 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Personal laboral
Resolución de 29 de junio de 2017, de la Dirección General de la Función Pública, por la que se aprueba la relación de admitidos y excluidos y se anuncia lugar, fecha y hora de celebración del primer ejercicio de la fase de oposición del proceso selectivo para ingreso, por promoción interna, como personal laboral fijo con las categorías de Técnico Superior de Actividades Específicas y Oficial de Actividades Específicas sujeto al III Convenio Único para el personal laboral de la Administración General del Estado. PDF (BOE-A-2017-7778 - 3 págs. - 186 KB)  Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario