lunes, 24 de julio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 24/07/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
24/07/2017
Deputación Provincial
APROBACIÓN DA RELACIÓN DEFINITIVA, DESIGNACIÓN DO TRIBUNAL E DATAS DA SÚA CONSTITUCIÓN E CELEBRACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO PARA A BOLSA DE PERSOAL ADMINSITRATIVO DO ORAL
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
No Boletín Oficial da Provincia núm. 120 de data 23 de xuño de 2017 publicouse a Resolución Presidencial pola que se aproba a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso convocado para constituír unha bolsa de emprego para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais de persoal administrativo do ORAL.
Vistas as reclamacións presentadas en tempo e forma dentro do prazo establecido, de conformidade con previsto na base VIII da convocatoria RESOLVO:
1. Aprobar a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas que figura como anexo I desta Resolución.
2. Designar os membros que integrarán o tribunal cualificador:

CONCELLO DE CRECENTE
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO DE 2017
Polo Pleno desta Corporación de data 2 de xuño de 2017, aprobouse provisionalmente o Presuposto municipal, así como a relación de postos de traballo correspondente ao exercicio 2017, que resultou definitivo ao non se presentar ningunha reclamación durante o período de exposición pública (segundo anuncio publicado no B.O.P. nº 116 de data 5 de xuño de de 2017).
En cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e disposicións concordantes, faise público o citado Presuposto resumido por capítulos, a relación de postos de traballo así como as retribucións dos membros corporativos con adicación, indemnizacións e asistencias, dacordo có anexo que se cita de seguido.
De conformidade co disposto no artigo 171 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partires do día seguinte o da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

CONCELLO DE POIO
APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN: CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCIÓN DE BOLSA DE ADMINISTRATIVO/A
BASES ESPECÍFICAS PARA A CREACIÓN DE BOLSAS DE TRABALLO NO CONCELLO DE POIO
Primeira. Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto a presente convocatoria a elaboración das seguintes bolsas de contratación :
Posto
Administrativo/a
Administración, Grupo ou Escala
Xeral Grupo C Subgrupo C1
Área
Servizos Xerais
Segunda. Requisitos
Ademais dos requisitos xerais sinalados nas bases xerais denominadas “Bases de Selección de Persoal que integrarán as bolsas de emprego do Concello de Poio nos diversos postos” as persoas aspirantes a estes postos deberán posuir os seguintes requisitos especificos:
Posto
Administrativo/a
Titulación
Bachiller ou equivalente
Terceiro. Sistema de Selección
O sistema de selección a utilizar é o de concurso- oposición, de conformidade co apartado na SISTEMA DE SELECCIÓN das bases xerais que rexen a convocatoria.

CONCELLO DE O PORRIÑO
MODIFICACIÓN DA BASE 25 DAS DE EXECUCIÓN ORZAMENTARIA
Modificación provisional bases de execución orzamentaria
O Pleno Corporativo en sesión extraordinaria de data de 28 de xuño do corrente, aprobou inicialmente a modificación da base 25 das de execución do orzamento, indemnización por asistencia a órganos colexiados, recollida no orzamento de 2017, prorrogado de 2012.
Unha vez adoptado o acordo de aprobación inicial, en virtude do disposto nos artigos 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e o 20,1 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, o expediente se expón ao publico mediante a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios, durante o prazo de quince días hábiles, durante o que as persoas que teñan a condición de interesadas poidan examinalo e presentar as reclamacións que estimen pertinentes ante o Pleno. O expediente considerase definitivamente aprobado, de conformidade cos artigos citados, se durante o citado prazo non se presentaran reclamacións.

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
ConvocatELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ SUBSTITUTO
BANDO DA ALCALDÍA-PRESIDENCIA
Asunto: Elección de Xuíz de Paz, Titular e Substituto
Marcos Besada Pérez, Alcalde de Salceda de Caselas do Concello de Salceda de Caselas, fago saber:
Que lle corresponde ao Pleno do Concello elixir as persoas para ser nomeadas xuíz de paz titular e substituto, deste municipio, de acordo co que dispoñen os artigos 101 y 102 da Lei orgánica do poder xudicial, e o artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, do 7 de xuño, dos xuíces de paz.
Que se abre un prazo de quince días hábiles a contar dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) para que as persoas que estean interesadas e reúnan as condicións legais o soliciten por escrito dirixido a esta alcaldía.
As solicitudes, facendo constar que reúnen as condicións de capacidade e de compatibilidade, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Salceda de Caselas, e presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para poder tomar parte no proceso selectivo deberanse reunir os requisitos esixidos para formar parte da carreira xudicial, de conformidade co artigo 302 e 303 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial:
a) Ter nacionalidade española.
b) Ser maior de idade.
c) Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial (artigo 389).
Así mesmo, están incapacitados para o ingreso na carreira xudicial os impedidos física ou psíquicamente para a función xudicial; os condenados por delito doloso mentres non obteñan a rehabilitación; os procesados ou inculpados por delito doloso en tanto non sexan absoltos ou se dite auto de sobresemento, e os que non estean no pleno exercicio dos seus dereitos civís.
Que, en caso de que no se presenten solicitudes, o Pleno da corporación elixirá libremente. Comunicaralle o acordo ao xulgado de primeira instancia do partido.
Publícase isto para o coñecemento xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario