martes, 18 de julio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 18/07/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
18/07/2017
Deputación Provincial
BASES DA CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE MESTRAS OU MESTRES CANTEIROS PARA A ESCOLA DE CANTERÍA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2017
CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE MESTRAS OU MESTRES CANTEIROS PARA A ESCOLA DE CANTERÍA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, 2017
Con fundamento no artigo 34.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e de conformidade coa proposta da xefa do servizo da Escola de Canteiros, o Deputado Delegado en materia de Recursos Humanos por Resolución Presidencial nº2017013733 de data 13 de xullo de 2017, acorda aprobar a convocatoria de dúas bolsas de mestras ou mestres canteiros para a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, segundo as seguintes
BASES
Primeira. Obxecto
Estas bases regulan o procedemento a seguir para a concesión de dúas bolsas de mestras ou mestres canteiros, coa finalidade de completar a formación recibida na Escola.

CONCELLO DE PORTAS
APERTURA DO PRAZO PARA NOMEAMENTO XUÍZ DE PAZ TITULAR E SUBSTITUTO. ANUNCIO
Que corresponde ao Pleno do Concello elixir as persoas para ser nomeadas Xuíz de Paz, titular e substituto deste Municipio, de conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz. 
Que se abre un prazo de quince días hábiles para que as persoas que estean interesadas, e reúnan as condicións legais solicíteno por escrito dirixido a esta Alcaldía.
Que na Secretaría do Concello pode ser examinado o expediente e solicitar a información que se precise en canto a requisitos, duración do cargo, remuneración, etc.
Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [dirección  http://portas.sedelectronica.gal].
Que en caso de non presentarse solicitudes, o Pleno da Corporación elixirá libremente, comunicando o Acordo ao Xulgado de Primeira Instancia do partido.
O que se publica para xeral coñecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario