lunes, 19 de septiembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 19/09/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
19/09/2016
CONCELLO DE A ESTRADA
APROBACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
ANUNCIO DA APROBACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE A ESTRADA
O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 23 de xuño de 2016, acordou aprobar definitivamente a Relación de Postos de Traballo deste Concello.
De conformidade co establecido no artigo 127 do Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, por medio do presente anuncio, procédese á publicación da mencionada relación de postos.
RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE A ESTRADA ANO 2016
A relación de Postos de Traballo existentes no Concello de A Estrada, organizados por áreas, de acordo coa Táboa adxunta, coa descrición das funcións a desempeñar en cada un dos postos, é a seguinte:

CONCELLO DE GONDOMAR
EXPOSICIÓN CONTA XERAL 2015
En cumprimento de canto dispón o artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral do Concello de Gondomar correspondente ao exercicio 2015, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quenes se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario