martes, 13 de septiembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 13/09/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
13/09/2016
CONCELLO DE COTOBADE
EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 21/2016
O Pleno do Concello de Cotobade en sesión ordinaria de data de 28 de xullo de 2016 , aprobou inicialmente o expediente de modificación de créditos nº 21/2016 na modalidade de transferencia de crédito entre aplicacións presupuestarias pertencentes a distinta área de gasto , expediente TC 5/2016, publicándose no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 152 de data de 10 de agosto de 2016.
Transcorrido o prazo de exposición ao público sen presentarense reclamacións contra o acordo de aprobación inicial, consíderase definitivamente aprobado , elevándose a definitivo o acordo plenario adoptado en sesión ordinaria de data de 28 de xullo de 2016 de conformidade co disposto no artigo 169 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
SUPLEMENTO DE CRÉDITO 1/2016
O Pleno do Concello de Pazos de Borbén acordou, na súa sesión ordinaria celebrada o día 29 de agosto de 2016, aprobar inicialmente o expediente do suplemento de crédito 1/2016, con cargo a maiores ingresos e por transferencia entre aplicacións do Orzamento de gastos.
De conformidade co disposto no artigo 177.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o expediente exponse ó público polo prazo de 15 días, que se contarán a partires do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP para que os interesados poidan formular as alegacións e reclamacións que consideren oportunas.
O expediente atópase na Secretaría do Concello, onde pode ser examinado de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. No caso de que non se produzan reclamacións, o acordo entenderase aprobado definitivamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario