martes, 6 de septiembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 06/09/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
06/09/2016
CONCELLO DE  VIGO
MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 26/07/2016, adoptou acordo de modificación do cadro de persoal do Concello de Vigo (expediente administrativo nº 27972/220 (Rexistro Pleno 1402/1101)), que foi obxecto de publicación no BOP o día 05/08/2016.
Finalizado o período de exposición pública de 15 días para presentar reclamacións, o Secretario do Goberno Local en data 29 de agosto de 2016, expide certificación conforme non se formulou ningunha reclamación. Por tanto e, en cumprimento do preceptuado nos artigos 168 e 169 do RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto fefundio da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público o seguinte acordo adoptado polo Pleno do Concello en sesión ordinaria de data 26/07/2016 (Expte.: 27972-220): “Primeiro.- Autoriza-la modificación do persoal de cadro do Concello de Vigo, aprobado por acordo plenario de data 09/12/2015 (BOP nº 239, do venres 11.12. 2015) concretada nos aspectos seguintes:
—— Modificación de 1 praza vacante de asesor/a Alcaldía, encadrado no persoal eventual, a fin de que sexa denominada “adxunto/a Director de Gabinete Alcaldía”, cuxas retribucións asociadas deberán incrementarse en 11.327 euros anuais.
—— Transferencia de 1 praza de técnico de administración xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo ao Concello de Vigo, ocupada pola funcionaria Dª Carla Candia Paz, previa a conformidade da mesma, destinada á Área de Recursos Humanos e Formación, aos efectos de contribuír a paliar as necesidades de persoal técnico superior existentes na mesma, e onde se atopa prestando servizos actualmente.”
Segundo.- Aprobar a modificación orzamentaria destinada aos efectos de implementación do acorado no apartado primeiro, concretada en:
 —— Incremento na partida 160.00.00 Seguridade Social de 11,297,78€ e, no programa orzamentario 920.1 dun total de 46.825,94€ coa seguinte distribución:
 — 120.00.00 Soldos Funcionarios Grupo A1 14.824,08€
— 120.06.00 Antigüidade Funcionarios.- 2.290,36€ — 121.00.00 Complemento Destino Funcionarios Grupo A1.- 11.770,22€
— 121.01.00 Complemento Específico Funcionarios Grupo A1.- 17.941,28€
Ditos incrementos deberán financiarse coa minoración dos créditos do Orzamentos do OA Municipal XMU e a súas correspondentes transferencias de crédito ao Capítulo IV do orzamento municipal, nos termos do informe de fiscalización previa emitido pola Intervención Xeral ao presente expediente administrativo.
—— Incremento na partida 912.0.110.00.00 (persoal eventual Gabinete da Alcaldía) de 11.327 euros anuais, con cargo aos créditos orzamentarios asignados a prazas vacantes no Capítulo I de gastos dos Orzamentos Municipais, nos termos do informe de fiscalización previa emitido pola Intervención Xeral ao presente expediente administrativo.
Terceiro.- Dispoñer a publicación no BOP do presente acordo, de conformidade cos artigos 168 e 169 do RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,establecendo un período de exposición público por 15 días, durante os cales os interesados/as poderán examinar o expediente e presentar reclamacións ante o Pleno. A presente modificación considerarase definitivamente aprobada se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións; en caso contrario, o Pleno disponrá dun prazo de un mes para resolvelas.
Cuarto.- Notificar o presente acordo ás áreas e/ou servizos afectados, Xefaturas de Área do Concello de Vigo, Titular da Asesoría Xurídica Municipal, Secretaría Xeral e Intervención Xeral Municipal para coñecemento e efectos.” Vigo, data segundo sinatura electrónica.—O Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal, Javier Pardo Espiñeira (delegación competencial por Decreto de Alcaldía de data 19/06/2015 e acordo da XGL da mesma data).

CONCELLO DE  SALVATERRA DE MIÑO
APROBACIÓN INICIAL POLO PLENO DO ORZAMENTO PARA O ANO 2016
O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o día un de setembro de mil dezaseis, aprobou con carácter provisional o Orzamento xeral do Concello para o exercizo 2016, de conformidade co disposto nos artigos 169 do R.D.L. 2/2004, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, artigos 20 do R.D. 500/90, de 20 de abril, o devandito expediente exponse ó público durante un prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte á data de inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante este prazo os interesados poderán examina-lo expediente e presentar reclamacións ante o Pleno, segundo establece o artigo 169 do citado R.D.L. 2/2004.
O orzamento considerarase definitivamente aprobado se no período de exposición ó público non se presentan reclamacións. No caso contrario, o Pleno disporá dun mes para resolvelas, que se contará a partires do día seguinte á finalización do prazo de exposición.

CONCELLO DE  VILAGARCÍA DE AROUSA
CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE DIFERENTES BOLSAS DE EMPREGO DE PERSOAL PERTENECENTE AO GRUPO AP (E), SUBALTERNO E OPERARIOS
A Xunta de Goberno Local en sesión do 9 de maio de 2016 acordou aprobar a convocatoria para a formación de bolsas de emprego de diferentes especialidades pertencentes ao grupo AP (E) de persoal subalterno e persoal operario seguintes:
Subalterno (con carnet de conducir), subalterno biblioteca, peón forestal, peón xardineiro, peón electricista, peón albanel, peón fontaneiro, peón carpinteiro, peón soldador, peón conductor-padexeiro e peón pintor.
O obxecto da convocatoria é a selección mediante o sistema de concurso-oposición de persoal en diferentes especialidades para formar bolsas de emprego e o seu nomeamento como funcionarios interinos de selo caso, para poder atender as necesidades de persoal que poidan xurdir no periodo de vixencia das mesmas.
O praza do presentación de instancias é de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes/instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa.
As bases poderán ser examinadas polo interesados, no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello de Vilagarcía: www.vilagarcia.es O que se fai público para xeral coñecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario