jueves, 1 de septiembre de 2016

BOLETINES 01/09/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
01/09/2016
CONCELLO DE  VIGO
LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, MODIFICACIÓN ÓRGANOS DE SELECCIÓN E DATAS PRIMEIRA PROBA
Con data 26 de agosto de 2016, o Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal ditou a seguinte Resolución coa lista definitiva de admitidos e excluídos nos procesos selectivos convocados para a provisión de prazas de Técnico/a de Administración Xeral, Auxiliar de Administración Xeral, Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial, Diplomado/a en Traballo Social, Técnico/a Medio/a de Igualdade, Inspector Principal da Policía Local, Cabo de Extinción de Incendios, Bombeiro e Condutor Bombeiro incluídas nas OEPs 2010 e 2011 (2ª fase da convocatoria), modificación de membros dos órganos de selección, e datas da primeira das probas de cada un dos procesos selectivos:
“Primeiro.- Declarar definitivamente excluídos por non emendar os erros polos que foron excluídos provisionalmente, aos/ás seguintes aspirantes para cada unha das seguintes prazas:
TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL
AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL
ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A INDUSTRIAL
DIPLOMADO/A EN TRABALLO SOCIAL
TÉCNICO/A MEDIO/A DE IGUALDADE
BOMBEIRO
CONDUTOR- BOMBEIRO

Segundo.- Declarar definitivamente admitidos aos/ás seguintes aspirantes (incluídos os que tiñan sido excluídos inicialmente e emendaron erros en prazo, segundo acordo da Xunta de Goberno Local de data 04/12/2015) para cubrir en propiedade distintas prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral fixo, incluídas nas ofertas de emprego público 2010-2011 (segunda fase):
TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL
AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL
ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A INDUSTRIAL
DIPLOMADO/A EN TRABALLO SOCIAL
TÉCNICO/A MEDIO/A DE IGUALDADE
CABO EXTINCIÓN DE INCENDIOS
BOMBEIRO
CONDUTOR- BOMBEIRO

Terceiro.- Dispoñer que os aspirantes ás prazas de Bombeiro e Condutor Bombeiro definitivamente admitidos deberán presentar perante o Órgano de Selección, na data de realización do primeiro exercicio (probas físicas), certificado médico expedido en impreso oficial e asinado por colexiado en exercicio e, que non superará un máximo de tres meses dende a súa expedición, ao obxecto de acreditar a aptitude física, e no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as aptitudes psicofísicas (condicións físicas e sanitarias) necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico. Non se admitirán certificados que non se axusten na súa redacción a estes conceptos (ANEXO IV das Bases). A non presentación do referido certificado suporá a exclusión do aspirante do proceso selectivo.
Cuarto.- Proceder á corrección dos apelidos de Dª Esther Pillado González, Vogal 3ª titular de Diplomado/a en Traballo Social, D. Guillermo Lorenzo Carrera, Vogal 3º titular de Oficial Xardineiro/a e Dª Ángela Fernández López, Presidenta Suplente de Técnico/a Medio/a de Igualdade e D. Ángel Pillado González, Vogal 1º titular de Cabo Extinción Incendios e Vogal 1º suplente en Bombeiro. Así mesmo, proceder á corrección da denominación do posto de Dª Vanesa Estévez Baquero, Pedagoga do Concello de Pontevedra, Vogal 2ª suplente de Diplomado/a en Traballo Social.
Quinto.- Estimar a causa de abstención de Dª Beatriz Leclere Rodríguez, Vogal 2ª titular do órgano de selección de Diplomado/a en Traballo Social, contida no escrito de data de entrada no Rexistro Xeral o 21/12/2015, doc. Nº 150168308, e en consecuencia, modificar a composición de dito órgano de selección, substituíndoa por Dª. Amalia Gándara Fernández, Diplomada en Traballo Social do Concello de Vigo.
Sexto.- Proceder a substitución do Vogal 2º suplente do Órgano de Seleción de Oficial Xardineiro por promoción interna D. Jaime Capelo Rios, por atoparse en situación de baixa por xubilación voluntaria, sendo substituido por D. Juan Carlos Peon Justo, oficial do oficios do Concello de Pontevedra.
Sétimo.- Proceder a substitución da Vogal 1º suplente do Órgano de Seleción de Técnico/a Medio/a Igualdade Dª. Mª. Pilar Díaz de Bustamante, por atoparse tramitando o seu pase a situación de baixa por xubilación voluntaria coincidente co momento da realización das probas selectivas, sendo substituida por Dª. Pilar Carneiro Miniño, Diplomada en Traballo Social do Concello de Vigo.
Oitavo.- Desestimar a solicitude formulada por D. Vicente Aparicio González, aspirante a Cabo de Extinción de Incendios por promoción interna, no seu escrito de data de entrada no Rexistro Xeral o 18/12/2015, doc. Nº 150165172, de recusación de D. Juan Carlos Illán Lombao, vogal 3º titular do referido proceso selectivo, por non constar acreditadas as circunstancias de enemistade manifesta de conformidade co previsto no artigo 28.2 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento Administrativo Común.
Noveno.- Desestimar a solicitude formulada por D. José Carlos Montemuíño Santos, aspirante a Inspector Principal da Policía Local, no seu escrito de data de entrada no Rexistro Xeral o 22/12/2015, doc. nº 150171993, de recusación de D. Francisco Martínez Muñoz, Presidente titular do órgano de selección do referido proceso selectivo, por non constar acreditadas as circunstancias de enemistade manifesta de conformidade co previsto no artigo 28.2 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento Administrativo Común.
Décimo.- Dispoñer que as datas e lugares de celebración do primeiro exercicio de cada un dos procesos selectivos serán os seguintes:
Técnico/a de Administración Xeral:Martes 11 de outubro de 2016 ás 17:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.
Auxiliar de Administración Xeral Promoción Interna:Martes 4 de outubro de 2016 ás 11:30 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Auxiliar de Administración Xeral Quenda Libre: Sábado 22 de outubro de 2016 ás 12:00 horas no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), sito na Avda. do Aeroporto, núm. 772 (Cotogrande).
Alguacil:Luns 3 de outubro de 2016 ás 13:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial:Venres 7 de outubro de 2016 ás 12:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.
Diplomado/a en Traballo Social: Sábado 22 de outubro de 2016 ás 10:00 horas no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), sito na Avda. do Aeroporto, núm. 772 (Cotogrande).
Técnico/a Medio/a de Igualdade:Mércores 5 de outubro de 2016 ás 12:00 horas no Auditorio Municipal, sito na Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.
Inspector/a Principal Policía Local:Xoves 6 de outubro de 2016 ás 16:30 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.
Cabo Extinción Incendios:Luns 10 de outubro de 2016 ás 18:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.
Bombeiro/a:Xoves 13 de outubro de 2016 ás 08:30 horas no Ximnasio Municipal, sito na Rúa do Carme, da cidade de Vigo.
Condutor/a Bombeiro/a: Venres 14 de outubro de 2016 ás 08:30 horas no Ximnasio Municipal, sito na Rúa do Carme, da cidade de Vigo.
Oficial Condutor/a:Martes 11 de outubro de 2016 ás 12:00 horas no Auditorio Municipal, sito na Praza do Rei nº1, 36202 de Vigo.
Oficial Xardineiro/a:Luns 3 de outubro de 2016 ás 10:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Para o suposto de modificación dos lugares e datas de celebración das probas dos procesos selectivos derivados das Ofertas de Emprego Público correspondentes aos anos 2010 e 2011, ésta realizarase por resolución do Concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal.
Décimo primeiro.- Informar aos/ás aspirantes que as probas efectuaranse en chamamento único, quedando excluídos os/as aspirantes que non concorran. Deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento equivalente acreditativo de identidade, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica das probas. Os sucesivos anuncios publicaranse exclusivamente no Taboleiro de Editos da Casa do Concello, nos lugares onde se celebren as probas e na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org).
Décimo segundo.-Dispoñer que pola Área de Recursos Humanos e Formación se proceda á publicación no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal (www.vigo.org), da presente resolución, que conten relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as ás convocatorias para a provisión das seguintes prazas: Técnico/a de Administración Xeral (1 oposición libre), Auxiliar de Administración Xeral (4 oposición libre das que 1 se reserva a discapacitados/as, 2 promoción interna das que 1 se reserva a discapacitados/as), Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial (1 oposición libre), Diplomado/a en Traballo Social (7 oposición libre), Técnico/a Medio/a de Igualdade (1 oposición libre), Inspector Principal da Policía Local ( 2 promoción interna), Cabo Extinción Incendios (1 promoción interna), Bombeiro (4 quenda libre) e Condutor Bombeiro (1 quenda libre), contidas nas Ofertas de Emprego Público correspondentes aos anos 2010-2011, de conformidade co previsto nas bases da convocatoria, así como a data de celebración do primeiro exercicio de cada un dos procesos selectivos, dato este, que deberá publicarse ademais no BOP de Pontevedra”.
Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de 1 mes contado dende a publicación do mesmo, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de 2 meses contados dende o seguinte ao da notificación do acto administrativo que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
O Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal (Decreto de Alcaldía e Acordo XGL de 19/06/2015).- Javier Pardo Espiñeira.

CONCELLO DE  REDONDELA
EXPOSICIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2015  CONTAS XERAIS 2015
Formulada e rendida as contas xerais do exercicio 2015, e informada pola Comisión Especial de contas, exponse o público cos documentos que a xustifican na Intervención deste Concello por espacio de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte o da inserción do presente edicto no BOP, co obxecto de formular os reparos e observacións que se estimen pertinentes durante dito prazo de exposición e os oito días seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Redondela, a 24 de agosto de 2016.—A Alcaldesa accidental, María Carmen Amoedo Dasilva.

BOE                             Descripción: boe    
01/09/2016
MINISTERIO DE JUSTICIA Destinos
Orden JUS/1414/2016, de 21 de julio, por la que se resuelve el concurso específico, convocado por Orden JUS/217/2016, de 17 de febrero, para el Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa de la Administración de Justicia. PDF (BOE-A-2016-8144 - 2 págs. - 179 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERGÍA Y TURISMO Cuerpo de Ingenieros de Minas del Estado
Orden IET/1417/2016, de 27 de julio, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo de Ingenieros de Minas del Estado. PDF (BOE-A-2016-8150 - 18 págs. - 318 KB)  Otros formatos

Cuerpo de Ingenieros Industriales del Estado
Orden IET/1418/2016, de 27 de julio, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo de Ingenieros Industriales del Estado. PDF (BOE-A-2016-8151 - 20 págs. - 344 KB)  Otros formatos


DOG                              Descripción: dog
01/09/2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario