lunes, 5 de septiembre de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 05/09/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
05/09/2016
CONCELLO DE  ARBO
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2015
Formulada e rendida a Conta Xeral do Orzamento desta Corporación correspondente o exercicio de 2015, informada pola comisión Especial de Contas en sesión 12 de agosto de 2016, exponse ó público cos documentos que a xustifican na Secretaría do Concello, polo prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que coiden pertinentes durante o expresado prazo de exposición e os oito días seguintes, de conformidade co disposto no art. 212 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo do texto refundido da lei de facendas locais.

CONCELLO DE  ARBO
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL PARA O EXERCICIO 2016
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria e urxente celebrada o día 12 de agosto de 2016 o ORZAMENTO XERAL para o exercicio económico 2016, e o cadro de persoal e relación de postos de traballo e demais anexos para dito exercicio, en cumprimento do disposto no art. 169 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse ó público na Secretaría deste Concello, por prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o seguinte ó da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario