martes, 20 de septiembre de 2016

BOLETINES 20/09/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
20/09/2016
CONCELLO DE BUEU
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO DITAME DA CONTA XERAL 2015 DO CONCELLO DE BUEU E DO INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES
A Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o 15 de setembro de 2016, informou favorablemente a Conta Xeral do Concello de Bueu e o Instituto Municipal de Deportes correspondente ao exercicio 2015.
Segundo o previsto no artigo 212.3 do RDL 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a Conta Xeral co informe da Comisión Especial de Contas, someterase a exposición pública por prazo de quince días contados dende a data de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales e oito mais, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións.
Bueu, a 15 de setembro de 2016.—O Alcalde, Félix Juncal Novas (Documento asinado electronicamente á marxe).

 CONCELLO DE REDONDELA
LISTA DEFINITIVA DAS PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS DE PROCESOS SELECTIVOS, OFERTA 2013
Por Resolución do alcalde, con data de 06/09/2016 aprobouse a relación definitiva das persoas admitidas e excluídas para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo do Concello de Redondela, incluídas na oferta de emprego público de 2013, na cal se establece o seguinte,
RESOLUCIÓN
O Alcalde ditou a resolución núm. 2016-1508, con data de 13/07/2016, pola que aprobaba a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral do Concello de Redondela e incluídas na oferta de emprego público de 2013, que se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) núm. 141, do 26/07/2016.
O día 6 de agosto de 2016 finalizou o prazo para poder emendar, no seu caso, os defectos que motivasen a exclusión ou para subsanar outra documentación non excluínte.
Tras non presentarse reclamacións no periodo de alegacións, é polo que, de conformidade coas bases da convocatoria que se aprobaron o 20/04/2016 e que foron publicadas no BOP núm. 77, de 22/04/2016, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello e de acordo coas competencias que me asigna a lexislación local vixente,
RESOLVO:
PRIMEIRO: Elevar a definitivas as listas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para cubrir as prazas de Auxiliar Administrativo/a (A tempo parcial), de Técnico/a de Muller e de Técnico/a de Normalización Lingüística.
SEGUNDO: Designar o tribunal cualificador para cubrir 1 praza de AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A, a tempo parcial (Persoal Funcionario), que estará integrado polos seguintes membros:
TERCEIRO: A constitución do tribunal e a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición será o día 19 de outubro de 2016, quedando convocado o tribunal, ás 8:30 horas e os/as opositores/as, ás 11:00 horas, no Multiusos da Xunqueira, sito no Paseo da Xunqueira.
CUARTO: Designar o tribunal cualificador para cubrir 1 praza de TÉCNICO/A DA MULLER (Persoal Laboral Fixo), que estará integrado polos seguintes membros:
QUINTO: A constitución do tribunal e a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición será o día 25 de outubro de 2016, quedando convocado o tribunal, ás 8:30 horas e os/as opositores/as, ás 10:00 horas, no Multiusos da Xunqueira, sito no Paseo da Xunqueira.
SEXTO: Designar o tribunal cualificador para cubrir 1 praza de TÉCNICO/A DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (Persoal Laboral Fixo), que estará integrado polos seguintes membros:
SÉTIMO: A constitución do tribunal e a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición será o día 24 de outubro de 2016, quedando convocado o tribunal, ás 8:30 horas e os/as opositores/as, ás 10:00 horas, no Multiusos da Xunqueira, sito no Paseo da Xunqueira.
OITAVO: Publicar no BOP, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, os tribunais cualificadores e a data de inicio da fase de oposición destes procesos selectivos.

BOE                             Descripción: boe    
20/09/2016
MINISTERIO DE DEFENSA Cuerpo de Maestros de Arsenales de la Armada
Orden DEF/1492/2016, de 9 de septiembre, por la que se publica la relación de aprobados en el proceso selectivo para el acceso, por promoción interna, al Cuerpo de Maestros de Arsenales de la Armada. PDF (BOE-A-2016-8594 - 3 págs. - 182 KB)  Otros formatos



DOG                              Descripción: dog
20/09/2016
Consello de Contas de Galicia
RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016 de convocatoria de axudas de acción social para o exercicio 2016. 43245 Descargar PDF

No hay comentarios:

Publicar un comentario