viernes, 29 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 29/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
29/07/2016
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
APROBACIÓN INICIAL DA MEMORIA XUSTIFICATIVA E INICIO DO EXPEDIENTE DE DISOLUCIÓN E EXTINCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES (IMD)
Expediente: Memoria xustificativa e inicio de expediente de disolución e extinción do organismo autónomo municipal Instituto Municipal de Deportes (IMD).
Trámite: Anuncio de aprobación inicial.
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria celebrada o día 18.07.2016, prestou aprobación inicial á memoria xustificativa e inicio de expediente de disolución e extinción do organismo autónomo municipal Instituto Municipal de Deportes (IMD) deste Concello.
De conformidade con dito acordo plenario, sométese o expediente a exposición pública para que por quen se consideren interesados podan presentarse as alegacións ou suxestións que se entendan oportunas.
A estes efectos publicarase anuncio de exposición pública no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de anuncios do Concello, sendo o prazo para exame do expediente e presentación de alegacións de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da presente publicación.
Así mesmo, publicarase o devandito anuncio na sede electrónica do Concello (sede.pontevedra.gal).

ANUNCIO DAS BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REGULAN OS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO DO ANO 2010 E NA OFERTA DE EMPREGO DO ANO 2015
ANUNCIO POLO QUE SE CONVOCAN OS PROCESOS SELECTIVOS E SE DA PUBLICIDADE AS BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REGULAN OS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CONCELLO DE PONTEVEDRA INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2010 E NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2015
1.—O Concelleiro de Goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio convocou, mediante Resolución de data 12/07/2016, os procesos selectivos para a provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na Oferta de Emprego Público do ano 2010 e na Oferta de Emprego Público do ano 2015, que a continuación se sinalan:
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 9 Denominación: Administrativo.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 3. Denominación: Auxiliar.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: Agrupación profesional. Clasificación: escala de administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 3. Denominación: Subalterna.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios, Número de vacantes: 2. Denominación: Bombeiro-Conductor.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios, Número de vacantes: 1. Denominación: Mestre Electricista.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios, Número de vacantes: 1. Denominación: Mestre de Obras.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios, Número de vacantes: 1. Denominación: Oficial Electricista.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios, Número de vacantes: 2. Denominación: Oficial Albanel.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial,subescala servizos especiais, clase persoal oficios, Número de vacantes: 1. Denominación: Oficial de Obras.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios, Número de vacantes: 1. Denominación: Oficial Carpinteiro.
— Grupo segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios, Número de vacantes: 1. Denominación: Sepultureiro.
O sistema de selección dos aspirantes será o de oposición ou concurso-oposición, segundo se dispoña nas bases específicas que rexen a convocatoria.
2.—Os devanditos procesos selectivos réxense polas bases xerais e específicas aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra nos acordos adoptados nas sesións que tiveron lugar o 12/07/2016 e o 20/07/2016, que resultan do seguinte teor literal:

CONCELLO DE  LALÍN
APROBACIÓN PROVISIONAL MODIFICACIÓN PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO 2016-2017 ANUNCIO
O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 21 de xullo de 2016, aprobou a modificación do Plan Económico Financeiro do Concello de Lalín para os exercicios económicos de 2016-2017. Dacordo co disposto nos artigos 23.4 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira e de conformidade co disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 , de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ábrese un período de exposición ó público de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De non presentarse reclamacións durante o devandito prazo, o Plan Económico Financeiro considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE  POIO
LISTAXE DEFINITIVA, TRIBUNAL E DATA PRIMEIRO EXERCICIO, PROCESO SELECTIVO OFICIAL 1ª FONTANEIRO
RESOLUCIÓN: Pola que se aproba definitivamente a relación de admitidos/as e excluídos/as nos procesos selectivos de: Quenda Libre: Oficial 1ª Fontaneiro, composición de tribunal e se establece a data do primeiro exercicio.
Dando cumprimento ao disposto na sexta das bases xerais e específicas que rexen a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Poio incluídas na oferta de emprego público 2015 e unha vez rematado o prazo establecido mediante anuncio publicado no BOP do 24 de maio de 2016, faise público a listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, procédese á publicación da composición do tribunal, data de constitución do mesmo así como a data e hora para o comezo do primeiro exercicio.

CONCELLO DE  REDONDELA
LISTA PROVISIONAL PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DOS PROCESOS SELECTIVOS INSPECTOR/A POLICÍA LOCAL E MESTRES/AS DE MÚSICA DO
CONSERVATORIO E ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO. ANUNCIO
Por Resolución do alcalde, con data de 15/07/2016 aprobouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral do Concello de Redondela, incluídas na oferta de emprego público de 2013, na cal se establece o seguinte:
RESOLUCIÓN
As bases xerais que regulan a convocatoria para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral do Concello de Redondela publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) núm. 50, do 13/03/2015 e as súas rectificacións, no BOP núm. 77, do 22/04/2016.
As bases específicas para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral do Concello de Redondela, incluídas na oferta de emprego público de 2013, publicáronse no BOP núm. 84, do 03/05/2016.
O prazo de presentación de instancias iniciouse o día 4 de xuño e rematou o día 23 de xuño de 2016.
Tras expirar o antedito prazo e conformidade co disposto nestas bases de selección é polo que, en virtude das competencias que me asigna a lexislación local vixente,

CONCELLO DE  TOMIÑO
APROBACIÓN CONTA XERAL 2015 EDICTO
Formulada e rendida a Conta Xeral, correspondente o exercicio económico de 2015 deste Concello, e informada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, na súa sesión de 18 de xullo de 2016; exponse ó público na Intervención desta entidade cos documentos que a xustifican, por prazo de 15 días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinada e formularse os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario