viernes, 1 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 01/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
01/07/2016
CONCELLO DE  BUEU
FORMALIZACIÓN CONTRATO ADMINISTRATIVO DO SERVIZO ALLEO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Anuncio do Concello de Bueu polo que se publica a formalización do contrato administrativo do Servizo Alleo de Prevención de Riscos Laborais incluindo as especialidades de Hixiene Industrial, Medicina no Traballo e Vixilancia da saúde do Concello de Bueu”
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Bueu
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: S/C/07-16
d) Dirección de Internet do perfil do contratante: www.concellodebueu.org
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: Contrato Administrativo do Servizo Alleo de Prevención de Riscos Laborais incluindo as especialidades de Hixiene Industrial, Medicina no Traballo e Vixilancia da saúde do Concello de Bueu”

CONCELLO DE  POIO
QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA: LISTAXE DEFINITIVA, CONSTITUCIÓN TRIBUNAL E DATAS PRIMEIRO EXERCICIO.
RESOLUCIÓN: Pola que se aproba definitivamente a relación de admitidos/as e excluídos/as nos procesos selectivos de: Promoción Interna: Encargado de Almacén , Oficial 1ª Condutor, Oficial 1ª Xardinería e Oficial 1ª Mantemento.
Dando cumprimento ao disposto na sexta das bases xerais e específicas que rexen a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Poio incluídas na oferta de emprego público 2015 e unha vez rematado o prazo establecido mediante anuncio publicado no BOP do 24 de maio de 2016, faise público a listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, procédese á publicación da composición do tribunal, data de constitución dos mesmos así como data e hora para o comezo do primeiro exercicio.
PRIMEIRO: LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS
ENCARGADO DE ALMACÉN (QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA)
APELIDOS
NOME
DNI.
Santiago Nuñez
Manuel
35254146E
OFICIAL 1ª CONDUTOR (QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA)
APELIDOS
NOME
DNI.
Lores Martínez
José Manuel
35313094-K
Navarro Patiño
Santiago
35298531-V
OFICIAL 1ª MANTEMENTO (QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA)
APELIDOS
NOME
DNI.
Barreiro Martínez
Jose Manuel
35313902-R
OFICIAL 1ª XARDINERIA (QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA)
APELIDOS
NOME
DNI.
Güimil Abal
Manuel
44082986-J
SEGUNDO: COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS
Designar as seguintes persoas que formarán parte dos tribunais de selección que a continuación se detalla:
2.1. Encargado de Almacén
Presidente: Antonio Rodiño Padín, Funcionario de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Vogal: Edmundo Nores Fernández Funcionario de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Vogal: Dolores Sartal Alvariñas, Funcionaria de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Vogal: Mª del Carmen Cadavid Cortizo Funcionaria de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Secretario: Adolfo Mosquera Friol Funcionario de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
2.2. Oficial 1º Condutor
Presidente: José Antonio Rodiño Padín Funcionario de Carreira do Concello de Poio.
Vogal: Jose Ramon Alonso Dobarro Persoal laboral fixo do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Vogal: María Isabel Tarela Martínez Persoal Laboral fixo do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Vogal: Adolfo Mosquera Friol Funcionario de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Secretario: Francisco Javier Martínez Esperón Funcionario de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
2.3. Oficial de Mantemento
Presidente: José Antonio Rodiño Padín Funcionario de Carreira do Concello de Poio.
Vogal: Jose Ramon Alonso Dobarro Persoal laboral fixo do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Vogal: María Isabel Tarela Martínez Persoal Laboral fixo do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Vogal: Adolfo Mosquera Friol Funcionario de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Secretario: Francisco Javier Martínez Esperón Funcionario de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
2.4. Oficial 1º Xardinería
Presidente: José Antonio Rodiño Padín Funcionario de Carreira do Concello de Poio.
Vogal: Jose Ramon Alonso Dobarro Persoal laboral fixo do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Vogal: María Isabel Tarela Martínez Persoal Laboral fixo do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Vogal: Adolfo Mosquera Friol Funcionario de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Secretario: Francisco Javier Martínez Esperón Funcionario de Carreira do Concello de Poio ou persoa en quen delegue.
Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándollo ao presidente, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
TERCEIRO: DATAS E HORAS CONSTITUCIÓN E REALIZACIÓN PROBA
Establecer as seguintes datas, horas e lugares para a constitución de ditos tribunais coa finalidade de valoración de méritos (se procede), adopción dos criterios que consideren así como a determinación da data para a realización da primeira proba.
Encargado de Almacén:
Constitución: 19/07/2016 ás 08:30 horas na Sala de Concelleiros/as da Casa Consistorial.
1º Exercicio: 21/07/2016 ás 10:30 no Centro de Formación A Reiboa.
Oficial 1º Xardinería
Constitución: 12/07/2016 ás 10:00 horas na Sala de Concelleiros/as da Casa Consistorial.
1º Exercicio: 18/07/2016 ás 10:30 horas no Centro de Formación A Reiboa.
Oficial 1º Mantemento
Constitución: 12/07/2016 ás 10:30 horas na Sala de Concelleiros/as da Casa Consistorial.
1º Exercicio: 19/07/2016 ás 10:30 horas no Centro de Formación A Reiboa.
Oficial 1º Condutor
Constitución: 12/07/2016 ás 11:00 horas na Sala de Concelleiros/as da Casa Consistorial.
1º Exercicio: 26/07/2016 ás 10:30 horas no Centro de Formación A Reiboa.
Contra a presente poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99, de 13 de xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
O feito de figurar incluído/a na relación de persoas admitidas e excluídas non prexulga que se lle recoñeza ás persoas interesadas posuír os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no momento da contratación ou nomeamento.

CONCELLO DE  O ROSAL
CONVOCATORIA 3 PRAZAS PERSOAL FEIRA DO VIÑO DO ROSAL ANUNCIO
Mediante resolución da Alcaldía do día de onte acordouse aproba-las bases e a convocatoria para cubrir tres prazas de persoal laboral temporal para a realización de tarefas de INFORMACIÓN XERAL E VENDA DE CATAVIÑOS durante os tres días en que se desenvolve a Feira do Viño do Rosal, a xornada completa.
Pola presente ábrese un prazo de cinco días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, todo elo de conformidade coas bases da convocatoria expostas no taboleiro de anuncios do concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario