jueves, 21 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 21/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
21/07/2016
CONCELLO DE  BAIONA
CONVOCATORIA SELECCIÓN OPERARIO DE SERVIZOS RECOLLIDA LIXO  ANUNCIO
Aprobadas por resolución de alcaldía de data 1/07/2016 as bases da convocatoria para a selección dun operario de servizos múltiples adscrito ao servizo de recollida de lixo mediante contrato de relevo de conformidade co disposto no artigo 12.6 do Texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. Polo exposto procédese a publicación do anuncio para os efectos de que os interesados presenten as súas solicitudes no prazo de seis días naturais contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas integramente na paxina www.baiona.org.
Baiona, 7 de xullo de 2016. Baiona, O Alcalde, Ángel M. Rodal Almuíña.

CONCELLO DE  AS NEVES
CONTA XERAL 2015
Formulada e rendida a Conta Xeral do Orzamento deste Concello correspondente ó exercicio económico de 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o día 5 de xullo de 2016, exponse ó público na Secretaría desta entidade cos documentos que a xustifican, por prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinada e formularse os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.


CONCELLO DE  O PORRIÑO
CONVOCATORIA PARA CONSTITUIR UNHA BOLSA DE EMPREGO PÚBLICO TEMPORAL A XEITO DE LISTAS DE RESERVA DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS INTERINOS ANUNCIO
1.—Esta convocatoria ten por obxecto constituír unha BOLSA DE EMPREGO PÚBLICO TEMPORAL A XEITO DE LISTAS DE RESERVA DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS INTERINOS pertencente á escala de administración xeral, subescala auxiliar, correspondente ó grupo C, subgrupo C2, de conformidade co establecido no artigo 10.1.b) do RDL 5/2015, de 30 de outubro (TRLEBEP) e no artigo 23.1.b) da Lei 2/2015, de 29 de abril, para prestar servicios no Concello do Porriño, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
— Para substituír transitoriamente durante os procesos de Incapacidade Temporal.
— Permiso de maternidade ou paternidade.
— Uso de periodos vacacionais ou permisos.
— Licenzas por asuntos propios o personales.

CONCELLO DE  REDONDELA
NOMEAMENTO OFICIAL DE POLICÍA LOCAL
En resolución do proceso selectivo que se convocou ao efecto, acordouse nomear, por Resolución do alcalde, con data de 4 de xullo de 2016, funcionario de carreira do Concello de Redondela a don José Delmiro Pampillón López como Oficial da Policía Local deste Concello.

 CONCELLO DE  VALGA
EXPOSICIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2105
Formada e rendida a Conta Xeral desta Entidade Local correspondente ó exercicio contable 2015, unha vez sometida a informe da Comisión de Réxime Especial de Contas, Economía, Facenda e Patrimonio celebrada o día 18 de xullo de 2016 exponse ó público por prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra, durante os cales, e oito (8) máis, os posibles interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións á mesma que estimen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario