martes, 12 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 12/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
12/07/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
LISTADO DE BECARIOS DE INVESTIGACIÓN DEL IGAFA ANUNCIO
SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POLO SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE DO ANO 2016
En cumprimento do disposto nos artigos 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na base 25.16ª do Orzamento Provincial para o ano 2016, publícase listado de axudas concedidas polo Servizo de Medio Ambiente.
Aplicación
Concello
Cif
Beneficiario
Programa
Finalidade
Importe
16/410.4100.481.03
Illa de Arousa
39486119H
Víctor Piñeiro Salgado
Administración xeral de agricultura, gandería e pesca
Bolsas de investigación IGAFA
3.000,00 €
16/410.4100.481.03
Illa de Arousa
34274293S
Gael Núñez Jato
Administración xeral de agricultura, gandería e pesca
Bolsas de investigación IGAFA
3.000,00 €
16/410.4100.481.03
Illa de Arousa
53307181N
David Cruz Boo
Administración xeral de agricultura, gandería e pesca
Bolsas de investigación IGAFA
3.000,00 €
16/410.4100.481.03
Illa de Arousa
32714886P
Miguel Regueira Blanco
Administración xeral de agricultura, gandería e pesca
Bolsas de investigación IGAFA
3.000,00 €


CONCELLO DE   CALDAS DE REIS
MODIFICACIÓN DOS ANEXOS ORZAMENTARIOS E CRÉDITO EXTRAORDINARIO 2/2016 EDICTO
O Pleno do Concello de Caldas de Reis, en sesión ordinaria de data 30/06/2016 acordou a aprobación do expediente de modificación dos anexos orzamentarios e crédito extraordinario 2/2016 financiado con baixa doutras aplicacións de gasto.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1, por remisión do 177.2, do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expedientes a exposición pública polo prazo de quince días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que os interesados poidan examinar os expedientes na Secretaría do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido dito prazo non se presentasen alegacións, consideraranse definitivamente aprobado dito acordo.

CONCELLO DE   GONDOMAR
OBRIGA LEGAL DE DAR PUBLICIDADE AO NÚMERO DE POSTOS DE TRABALLO RESERVADOS AO PERSOAL EVENTUAL ANUNCIO
ASUNTO: Anuncio relativo á obriga legal recollida no artigo 28 de Lei 27/2013 de dar publicidade ao número de postos de traballo reservados ao persoal eventual no Concello de Gondomar
O artigo 28 da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración local introduce un novo artigo 104.bis na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. O apartado 5 do citado artigo establece a obriga de que as Corporacións locais publiquen semestralmente na súa sede electrónica e no Boletín Oficial da Provincia o número dos postos de traballo reservados a persoal eventual. En cumprimento da devandita obriga legal, esta Administración debe proceder a publicar o postos de traballo que se atopan reservado ao persoal eventual e que é o seguinte:
NEGOCIADO DE ALCALDÍA (00.01)
COD
DENOMINACIÓN
NÚM.
GRUPO
NIVEL
SITUACIÓN
CLAVE
OBSERVACIÓNS
00.01.01
Secretaria da Alcaldía
1
C1
18
Ocupado
OC
Funcións de confianza
O que se fai público tal e como esixe a normativa vixente.

DECLARACIÓN DE DESERTO DO PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL E CONVOCATORIA DUN NOVO PROCESO SELECTIVO
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA POLA QUE SE DECLARA DESERTO O PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL E SE EFECTÚA UNHA NOVA CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO”
Publicada no BOP núm. 86, do 05.05.2016, a convocatoria do procedemento selectivo para a elaboración dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas de Técnico de Administración Xeral, esta Alcaldía.
RESOLVE
1.- Declarar deserto o procedemento selectivo para a configuracion dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas de Técnico de Administración Xeral ao non obter ningún aspirante a cualificación de apto no segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, da fase de opoisición.
2.- Efectuar unha nova convocatoria do procedemento selectivo, de acordo coas Bases publicadas no BOP de Pontevedra nº 86 de data 05.05.2016, procedéndose á apertura do prazo de presentación de solicitudes, 10 días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOP de Pontevedra.
3.- Publicar a presente resolución no Taboleiro de Edictos, na páxina web e no BOP de Pontevedra para xeral coñecemento.

CONCELLO DE   O GROVE
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2016 DE O GROVE
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o orzamento xeral e a plantilla para o exercicio de 2016, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2016, exponse ao público durante 15 días, contados dende a inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados podan examinar o expediente e presentar reclamacións contra o mesmo. O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo no se presentaran reclamacións.
Todo elo de acordo co disposto no art.169 do RDLeg 2/2004 de 5 de marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario