lunes, 18 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 18/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
18/07/2016

CONCELLO DE  MEAÑO
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL. ANUNCIO
A Xunta de Goberno Loca,l en sesión de data 4 de xullo de 2016, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal do seguinte persoal:
— 7 limpadoras/es a tempo parcial para a Escola Infantil 0-3 anos, CEIP As Covas e Coirón.
— 3 coidadoras/es a tempo parcial Aula de acollida e comedor escolar CEIP Coirón.
— Profesores a tempor parcial para a Escola Municipal de Música de Meaño: 1 música en movemento, 1 inicio linguaxe musical, 2 linguaxe musical, 1 armonía e análisis, 1 coro, 1 banda, 1 guitarra, 1 clarinte, 1 saxofón, 1 trompeta, 1 bombardino/tuba, 1 percusión, 1 chelo, 1 oboe, 1 fagot, 1 flauta, 1 trompa, 1 piano, 1 trombón.
— 1 monitor a tempo parcial de técnicas de aerobic-tonificación e sstep
— 1 monitor a tempo parcial de ioga-pilates
— 1 a tempo parcial fisioterapeuta Centro Social Polivalente
— 1 Mestre e 1 técnico/a en educación infantil a xornada compelta para a Escola Infantil 0-3 anos.
Os interesados en participar nestes procesos selectivos poderán presentar as súas solicitudes no prazo de dez días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras atópanse publicadas na páxina web do Concello de Meaño www.concellodemeano.com.


CONCELLO DE  O PORRIÑO
RESOLUCIÓN DELEGACIÓN DA COMPETENCIA DE COMPULSA
Que por resolución da Alcaldía de data 30-06-2016 acordouse publicar no BOP de Pontevedra o texto íntegro da mesma que a continuación se transcribe:
DECRETO.- Por circunstancias acaecidas o funcionario que prestaba servicios no Rexistro Xeral Municipal tivo provisionalmente que deixar de prestalos, provocando un desaxuste con respecto do horario especial de atención ao público do referido rexistro na maña dos sábados e dos días 24 e 31 de decembro (cando sexan laborables) de 9 a 13 horas, que procede corrixir de forma áxil adoptando as medidas organizativas que se contemplan na presente resolución, para atender a esa situación mentres dure a mesma ou sexa revogada esta resolución.

CONCELLO DE  PORTAS
ORZAMENTO XERAL DO ANO 2016
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión extraordinaria do día 07-07-2016, o orzamento xeral, as bases de execución, o cadro de persoal funcionario e laboral para o exercicio económico de 2016, de acordo co previsto no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real Decreto 500//1990, do 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva na secretaría deste concello, por prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente edicto no boletín oficial da provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións e alegacións que se consideren oportunas.
Conforme ao acordo adoptado, o orzamento considerarase definitivamente aprobado si non se presentan reclamacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario