jueves, 7 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 07/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
07/07/2016
CONCELLO DE  VIGO
RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA ACORDO DA XGL QUE APROBA AS BASES DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS INTERINOS DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS E CAMIÑOS
RECURSO DE REPOSICION CONTRA ACORDO DA XGL QUE APROBA AS BASES DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS INTERINOS DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS E CAMIÑOS
A Xunta de Goberno Local acordou, en sesión ordinaria do 10 de xuño de 2016, estimar parcialmente o recurso de reposición contra acordo da Xunta de Goberno Local que aproba as Bases dunha Bolsa de Emprego para o nomeamento de funcionarios interinos de Enxeñeiros Industriais e Camiños, que di o seguinte:
PRIMEIRO: Estimar parcialmente, de conformidade coa fundamentación exposta, o recurso de reposición interposto polo Colexio oficial de enxeñeiros industriais de Galicia (ICOIIG), con Rexistro de entrada de data 22/01/2016 (DOC. 160007447), ao considerar que o título pre-Bolonia de Enxeñeiro Industrial mantén todos os seus efectos académicos e profesionais para o acceso á escala de Administración especial, Subgrupo A1, de enxeñeiros industriais, polo que cómpre a rectificación do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en data 11/12/2015 (publicado no BOP nº 6 do 12/01/2016), unicamente no que se refire á redacción da Base II, apartado e) das bases reitoras do proceso selectivo, que deberá reflectir como titulación esixible a de “enxeñeiro industrial ou grao en enxeñería industrial ou equivalente” para ser admitido á realización do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos como enxeñeiros industriais, subgrupo A1.
SEGUNDO: Desestimar, de conformidade coa fundamentación exposta, o resto das alegacións presentadas no recurso de reposición interposto polo Colexio oficial de enxeñeiros industriais de Galicia (ICOIIG), con Rexistro de entrada de data 22/01/2016 (DOC. 160007447), toda vez que tanto a normativa estatal de carácter básico coma a normativa autonómica de desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia así coma a máis recente xurisprudencia do Tribunal Supremo ( STS 1589/2016 do 09/03/2016), admiten o grao para o acceso ao Subgrupo A1.
TERCEIRO: Notificar o presente acordo ao Colexio oficial de enxeñeiros industriais de Galicia (ICOIIG), ao colexio oficial de peritos e enxeñeiros técnicos industriais de Vigo (COITIVIGO), á Intervención Xeral Municipal, ao Comité de Persoal e ao persoal técnico da Área de Recursos Humanos e Formación, aos efectos oportunos.
CUARTO: Proceder á publicación do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento, informando de que se continuará co devandito proceso selectivo, procedéndose á maior brevidade á publicación das listas provisionais de admitidos e excluídos.

CONCELLO DE  PORTAS
EXPOSICIÓN CONTA XERAL 2015
En cumprimento de canto dispón o artigo 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, na súa sesión do 23-06-2016; exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2014, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

CONCELLO DE   SANXENXO
CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PROVISIÓN DO POSTO DE XUÍZ/A DE PAZ SUBSTITUTO/A DO CONCELLO DE SANXENXO.
De conformidade ca resolución da alcaldía do día de hoxe anúnciase convocatoria pública para a elección de xuíz/a de paz substituto/a deste concello polo período de 4 anos, para que no prazo de 15 días, contados dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidan presentarse as solicitudes no Rexistro de entrada de documentos no concello, achegando a seguinte documentación:
1. Certificación de nacemento, ou fotocopia cotexada do DNI.
2. Certificado de penais.
3. Declaración de non estar inculpado nin procesado, de conformidade co disposto no artigo 2, punto 1.a) da Lei 68/1980.
4. Xustificación documental dos méritos que alegue o/a solicitante.
Os requisitos para tomar parte nesta convocatoria son os enumerados nos artigos 102, 302 e 303 da Lei orgánica do Poder xudicial.
Os cargos de xuíz/a de paz ou substituto/a, serán incompatibles para o exercicio das actividades sinaladas no artigo 389 da Lei orgánica do Poder xudicial, agás o exercicio de actividades profesionais e mercantís.
A Corporación Municipal en Pleno elixirá, por maioría absoluta, aos aspirantes que considere máis convenientes, e o nomeamento será realizado pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario