jueves, 14 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 14/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
14/07/2016
CONCELLO DE  CRECENTE
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO DO CONCELLO DE CRECENTE, 2016
Polo Pleno desta Corporación de data 1 de xuño de 2016, aprobouse provisionalmente o Presuposto municipal, así como a relación de postos de traballo correspondente ao exercicio 2016, que resultou definitivo ao non se presentar ningunha reclamación durante o período de exposición pública (segundo anuncio publicado no B.O.P. nº 77 de data 22 de abril de de 2013).
En cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e disposicións concordantes, faise público o citado Presuposto resumido por capítulos, a relación de postos de traballo así como as retribucións dos membros corporativos con adicación, indemnizacións e asistencias, dacordo có anexo que se cita de seguido.
De conformidade co disposto no artigo 171 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partires do día seguinte o da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

CONCELLO DE  MARÍN
PreEXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2015
Formulada e rendida a conta xeral do ano 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, e de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público cos documentos xustificativos nos servizos do Concello, durante quince días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales, e oito máis, os interesados poderán presenta-los reparos e observacións que estimen pertinentes.

CONCELLO DE  VILA DE CRUCES
ORDENANZA REGULADORA DA CREACIÓN DE FICHEIRO DE CARÁCTER PERSOAL DENOMINADO "VIDEOVIXIANZA". EDICTO
Mediante sesión plenaria celebrada o pasado día 28 de marzo de 2016, aprobouse inicialmente a Ordenanza reguladora de creación de ficheiro de datos de carácter persoal denominado “videovixianza” do Concello de Vila de Cruces. Durante o prazo de exposición pública de trinta días hábiles, contados a partir da publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial da Provincia de Ponteveda núm. 70 de data 13 de abril de 2016, non se presentaron reclamacións contra o mesmo, segundo Certificación de secretaría, polo que o citado acordo elévase a definitivo.
En cumprimento do disposto no art. 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e art. 20.3 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, faise público o texto da seguinte Ordenanza:

No hay comentarios:

Publicar un comentario