miércoles, 6 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 06/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
06/07/2016
CONCELLO DE  VILAGARCÍA DE AROUSA
CONVOCATORIA SELECCIÓN DE PERSOAL DOCENTE EN DIFERENTES ESPECIALIDADES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
A Xunta de Goberno Local en sesión do 2 de maio de 2016 acordou aprobar a formación dunha bolsa de traballo de persoal docente para a Escola Municipal de Música deste Concello.
O obxecto da convocatoria é a selección mediante o sistema de concurso-oposición de persoal docente en diferentes especialidades para formar unha bolsa de traballo e o seu nomeamento como funcionarios interinos de selo caso, para poder atender as necesidades de persoal que poidan xurdir no periodo de vixencia da mesma.
O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais contando a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. As instancias/solicitudes dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa.
As bases poderán ser examinadas polos interesados, no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello de Vilagarcía: www.vilagarcia.es.
O que se fai público para xeral coñecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario