lunes, 11 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 11/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
11/07/2016
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
MODIFICACIÓN DO NOMEAMENTO DE CONCELLEIROS QUE DESEMPEÑAN O SEU CARGO EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA
DECRETO DO ALCALDE DE MODIFICACIÓN DO NOMEAMENTO DE CONCELLEIROS QUE DESEMPEÑAN O SEU CARGO EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA
O día 18 de xuño de 2015 por acordo plenario fixáronse os cargos que se desempeñarían en réxime de dedicación exclusiva establecendo que para o Grupo Municipal do BNG se disporían 8 dedicacións exclusivas, incluídas a do alcalde e 1ª Tte Alcalde.
Compre salientar que mediante decreto do alcalde de data 13 de xuño de 2015 foi nomeada primeira Tenente de alcalde a concelleira Dª María Carmen da Silva Méndez.
O 18 de xuño de 2015 nomeraonse como concelleiros delegados que ostentan delegacións de Alcaldía en réxime de dedicación exclusiva a: D Cesareo Mosquera Lorenzo, D Raimundo González Carballo, Dª María dos Anxos Riveiro Portela, D Demetrio Gómez Xunqueira, D Luis Bará Torres e Dª María do Carme Fouces Díaz.
Os concelleiros D Cesareo Mosquera Lorenzo e D Raimundo González Carballo achegan renuncia ao réxime de dedicación exclusiva con efectos do 30 de xuño de 2016.
Visto o artigo 75 da Lei 7/1985, reguladora de bases de réxime local, artigo 13 do Real Decreto 2568/1986 e 14 do regulamento orgánico do Pleno e as súas comisións do Concello de Pontevedra que determina que a designación en concreto dos membros que deben desempeñar o cargo en réxime de dedicación exclusiva será o Alcalde, esta Alcaldía

CONCELLO DE  MOAÑA
PUBLICACIÓN DO REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO DE PROTECCIÓN CIVIL
O Pleno do Concello de Moaña en sesión realizada o 28 de abril de 2016 aprobou inicialmente o Regulamento do Consello da Agrupación Municipal de Voluntariado de Protección Civil do Concello de Moaña, trala publicación do anuncio no BOP nº 90 de 11 de maio de 2016, o expediente someteuse a exposición pública polo prazo de 30 días hábiles, durante dito prazo non se presentaron alegacións, polo que segundo o disposto no artigo 49 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, se entende definitivamente adoptado acordo ata entón provisorio.
De conformidade co artigo 70.2 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 196.2 do ROF (RD 2568/1986), publícase o texto íntegro do Regulamento da Agrupación Municipal de Voluntariado de Protección Civil, para que, transcorrido o prazo de 15 días a partir da súa publicación, entre en vigor:

MANCOMUNIDADE TERRAS DE PONTEVEDRA
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL 2015
Rendida a Conta Xeral da Mancomunidade Terras de Pontevedra dos Concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro, correspondente ao exercicio 2015 e informada pola Comisión Especial de Contas, en sesión que tivo lugar o 29 de xuño de 2016, exponse ao público por prazo de quince días, durante os cales e oito máis os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións, de conformidade co establecido no artigo 212 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario