martes, 26 de julio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 26/07/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
26/07/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
EXPOSICIÓN PÚBLICA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2015
CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2015, CONFORMADA POLA PROPIA DA DEPUTACIÓN, A DO ORGANISMO AUTÓNOMO ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA, AS DOS ENTES ADSCRITOS, E A CONSOLIDADA
A Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o 22 de xullo de 2016 ditaminou a Conta Xeral da Deputación de Pontevedra correspondente o exercicio 2015, conformada pola propia da Deputación de Pontevedra, a conta do organismo autónomo Escola Universitaria de Enfermería, as contas dos entes adscritos: Consorcio provincial para a prestación do servizo contraincendios e salvamento e Consorcio contraincendios Deza e Tabeiros – Terra de Montes, e a conta consolidada.
En cumprimento do disposto no artigo 212.3 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, a conta exponse ó público, coa documentación xustificativa, por un prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, ao obxecto de que, durante o devandito prazo de exposición e oito días máis, os interesados lexítimos poidan examinar a documentación e formular as reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes.

CONCELLO DE  REDONDELA
LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DOS PROCESOS SELECTIVOS CORRESPONDENTES Á OFERTA DO ANO 2013 ANUNCIO
Por Resolución do alcalde, con data de 13/07/2016 aprobouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral do Concello de Redondela, incluídas na oferta de emprego público de 2013, na cal se establece o seguinte:

No hay comentarios:

Publicar un comentario