viernes, 29 de abril de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 29/04/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
29/04/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS ANO 2016
EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 8 DE ABRIL DE 2016 POLO QUE SE CONVOCA O PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS. ANO 2016
BDNS(Identif.):304694
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:
(http: www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
1. Beneficiarios
Servizos sociais comunitarios municipais básicos dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra.

CONCELLO DE   A ESTRADA
BASES PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE UNHA PRAZA DE ARQUITECTO ADSCRITO AO DEPARTAMENTO DE URBANISMO
Pola Xunta de Goberno Local do día 11 de abril de 2016, foi adoptado o seguinte Acordo:
— Aprobar as Bases para cubrir en réxime de interinidade unha Praza de Arquitecto adscrito ao Departamento de Urbanismo
BASES PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE
(POR SUBSTITUCIÓN DO TITULAR) UNHA PRAZA DE ARQUITECTO
PRIMEIRA.—OBXECTO DA CONVOCATORIA E SISTEMA DE SELECCIÓN-
Ten por obxecto a presente convocatoria cubrir en réxime de interinidade unha praza de arqutiecto/a en substitución do seu titular, que se atopa en situación de comisión de servicios, polo procedemento de oposición libre. A devandita praza está integrada, segundo o Estatuto Básico do Empregado Público no Grupo A1, clasificada na Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Superiores, dotada do soldo correspondente ao Grupo A1, e o nivel de complemento de destino e cantidade asignada como específico. Así consta no Catálogo de Postos de Traballo do Concello da Estrada.

BASES PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
Pola Xunta de Goberno Local do día 11 de abril de 2016, foi adoptado o seguinte Acordo:
— Aprobar as Bases para cubrir en réxime de interinidade unha Praza de Auxiliar Admiinistrativo para o Departamento de Servizos Sociais.
BASES PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE (POR SUBSTITUCIÓN DA SÚA TITULAR) UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTATIVO PARA O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
PRIMEIRA.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
Ten por obxecto a presente convocatoria cubrir en réxime de interinidade unha praza de Auxiliar Administrativo de Administración Xeral para o Departamento de Servizos Sociais, en substitución da súa titular, e durante o tempo ata que ésta non se reincorpore ao seu posto de traballo, polo procedemento de oposición libre. A devandita praza está integrada no grupo C2 e clasificada no Cadro de Persoal do Concello da Estrada na Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar, dotadas do soldo correspondente ao seu grupo, e o nivel de complemento de destino e cantidade asignada como específico.

CONCELLO DE   MEAÑO
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016
RESOLVE:
1º.—Aprobar e anunciar a Oferta de Emprego Público para o exercicio 2016, do Concello de Meaño, Provincia Pontevedra, Código Territorial 027, que consta de:
PERSOAL LABORAL FIXO
Denominación: Operario encargado de obras e servizos municipais.
Número de vacantes: 1. Nivel de titulación: Certificado de Escolaridade-Estudios Primarios. Categoría oficial primeira. Tanda de acceso libre.
2º.—Que se faga pública esta oferta, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, ó abeiro do artigo 70 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto do Empregado Público.

CONCELLO DE   MOAÑA
APROBACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 07.03.2016, acordou aprobar a oferta de emprego público para o exercicio 2016 coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:
Funcionarios de carreira
— Grupo segundo o artigo 76 do RDL 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 2. Denominación: Administrativo. (Provisión por promoción interna e concurso – oposición).

No hay comentarios:

Publicar un comentario