viernes, 22 de abril de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 22/04/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
22/04/2016
CONCELLO DE   LALÍN
CORRECCIÓN DE ERROS NO BAREMO DE MÉRITOS NAS BASES DE ARQUITECTO MUNICIPAL
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lalin, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 14 de marzo de 2016, aprobou as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación dun arquitecto municipal en réxime funcionario interino.
Visto o erro detectado na valoración de méritos dentro da Fase de Concurso, en concreto no apartado “b) Formación e Perfeccionamento Profesional”, e polo que a Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 11 de abril do 2016 adoptou o seguinte acordo:
MODIFICACIÓN BASES SELECCIÓN: ARQUITECTO MUNICIPAL
PRIMEIRO.- Modificar o apartado “b) Formación e Perfeccionamento Profesional”, dentro da Fase de Concurso, nas bases para a selección dun arquitecto municipal en réxime de funcionario interino, aprobadas por acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do día 14 de marzo de de 2016, quedando o texto definitivo do seguinte xeito:

CONCELLO DE   REDONDELA
MODIFICACIÓN DAS BASES XERAIS E BASES ESPECÍFICAS PARA A CONVOCATORIA DOS PROCESOS SELECTIVOS CORRESPONDENTES Á OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2013
2-Aprobar as bases específicas para a convocatoria dos procesos selectivos a fin de cubrir as seguintes prazas correspondentes á Oferta Pública de Emprego do ano 2013:
PERSOAL FUNCIONARIO:
— 1 praza de Oficial Carpinteiro/a, encadrada na escala de administración especial, subescala servizos especiais e integrada no grupo C, subgrupo C2, por oposición libre.
— 1 praza de Auxiliar Administrativo/a (tempo parcial), encadrada na escala de administración xeral, subescala auxiliar e integrada no grupo C, subgrupo C2, por oposición libre.
PERSOAL LABORAL FIXO:
— 1 praza de Técnico/a da Muller, equiparada ao subgrupo A2 da función pública,por oposición libre.
— 1 praza de Técnico/a de Normalización Lingüística, equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por oposición libre.
— 1 praza de Oficial de Medio Ambiente, equiparada ao subgrupo C2 da función pública, por oposición libre.
— 1 praza de Operario/a Limpeza, equiparada ao grupo doutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública, por oposición libre.

PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TEGRA
BASES PARA A CONTRATACIÓN DUN GUÍA TURÍSTICO PARA O MONTE SANTA TREGA
PRIMEIRA. OBXECTO
O obxecto das presentes Bases é a contratación laboral temporal por obra o servicio dunha praza de guía turístico (grupo B) para o Padroado Monte Santa Trega, cunha duración de 6 meses a xornada de 35 horas/semanais, de luns a domingo, co horario que se determine polo responsable municipal. As funcións serán as de atender a oficina de información turística do Monte, ofrecer o servizo de visitas guiadas polo Monte Santa Trega, atendendo especialmente a citania e demáis restos arqueolóxicos, atender, se fose preciso, e guiar visitantes no MASAT, así como organizar actividades de divulgación relacionadas co Monte Santa Trega.
Retribucións: 952,55 euros de salario bruto mensual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario