viernes, 15 de abril de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 15/04/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
15/04/2016
CONCELLO DE  CAMBADOS
APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN RPT
En sesión celebrada o 25/02/2016, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), sendo publicado dito acordo de aprobación inicial no BOP nº 45 de data 7 de marzo de 2016.
Elevado a definitivo dito acordo, ó non terse producido alegacións contra o mesmo, de conformidade co disposto polo artigo 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, procédese á publicación íntegra da mencionada RPT, segundo o detalle que se sinala a continuación.
Contra a aprobación definitiva da modificación da RPT, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos que establecen as normas de dita xurisdición, o que non suspenderá por si só a súa aplicación

APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO 2016
En sesión celebrada o 26/02/2015, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o Orzamento Municipal para o exercicio 2016, sendo publicado dito acordo de aprobación inicial no BOP nº 45, de data 7 de marzo de 2016.
Elevado a definitivo dito acordo, ó non terse producido reclamacións contra o mesmo, de conformidade co disposto polo artigo 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, faise público que dito Orzamento ascende tanto en gastos como en ingresos á cantidade de nove millóns catrocentos sesenta mil catrocentos corenta e dous, con dous céntimos (9.460.442,02 €),correspondendo a cada capítulo as cantidades que a continuación se expresan:

CONCELLO DE  POIO
PLAN ECONÓMICO-FINANCEIRO DO CONCELLO 2016-2017
O Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 29 de marzo de 2016, acordou a aprobación do Plan Económico-financeiro do Concello de Poio para os exercicios 2016-2017.
De acordo co disposto nos artigos 23.4 da Lei Orgánica 2/2012, e 26 do Real Decreto lexislativo 1463/2007, o Concello de Poio deberá publicar o Plan no boletín oficial da Provincia coa finalidade de estar exposto o público durante o prazo de 15 días dende a súa publicación. Unha vez rematado este prazo de exposición pública, publicarase o texto do Plan no B.O.P a efectos exclusivamente informativos.

CONCELLO DE   SILLEDA
ORDENANZA MUNICIPAL DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Tras a aprobación inicial polo Pleno da Corporación da Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Silleda, na sesión ordinaria celebrada o día 28 de xaneiro de 2016, e dado que durante o período de información pública non se presentaron reclamacións, de conformidade co artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, enténdese definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional. De conformidade co previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985 procédese á publicación do texto íntegro de dita ordenanza.

CONCELLO DE   VILA DE CRUCES
CREACIÓN SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO
Pola Alcaldía con data 5 de abril de 2016, adoptouse, en relación coa creación de Sede Electrónica do Concello de Vila de Cruces, o seguinte Decreto da Alcaldía núm. 2016 – 0102, que a continuación se reproduce:
Vista a necesidade de crear unha Sede electrónica neste Concello co obxecto de permitir o exercicio do dereito que teñen os cidadáns para relacionarse coas Administracións Públicas por medios electrónicos, de conformidade coa Lei 11/2007,do 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns.
Visto que a Sede electrónica axústase aos principios de publicidade oficial, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade e interoperabilidade.
Visto que a publicación na Sede electrónica de informacións, servizos, e transaccións respectará os principios de accesibilidade e usabilidade de acordo cos estándares abertos e, no seu caso, aqueloutros que sexan de uso xeneralizado polos cidadáns.
Á vista de todo o disposto no artigo 10 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que entrará en vigor o presente exercicio,

No hay comentarios:

Publicar un comentario