martes, 19 de abril de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 19/04/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
19/04/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RESOLUCIÓN CONVOCATORIA POSTO ESCOLA DE ENFERMERÍA DE PROFESOR COLABORADOR
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
A Vicepresidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte RESOLUCIÓN:
A proposta da Dirección da Escola Universitaria de Enfermeria, vistos os informes de Recursos Humanos e Intervención, de conformidade co disposto no artigo 34.g) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, RESOLVO aprobar a presente convocatoria de provisión dun posto de Profesor Colaborador con destino á Escola Universitaria de Enfermería, dependente da Deputación de Pontevedra, e que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases:

CONCELLO DE   BUEU
RECTIFICACIÓN NOMEAMENTO DE HORTENSIA GESTEIRA ESTÉVEZ PARA O DESEMPEÑO DO POSTO DE SECRETARIA DO ALCALDE
Por resolución de alcaldía núm. 234/2016, de 11.04.2016, Rectificouse o erro material detectado na Resolución 233/2016 de 07.04.2016 que resolveu ao nomeamento de HORTENSIA ESTEVEZ GESTEIRA DNI núm. 17463055Y, como persoal eventual adscrito ao posto de SECRETARÍA DO ALCALDE, nos seguintes termos:
Na Resolución num. 233/2016, Cando di: "HORTENSIA ESTEVEZ GESTEIRA"
Na Resolución num. 234/2016, Debe decir: "HORTENSIA GESTEIRA ESTÉVEZ"
O que se publica en cumprimento do ordeado na resolución de alcaldía núm. 234/2016, de 11.04.2016, de conformidade co artigo 104.3 da LRBRL.

CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 6 AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL PARA O CONCELLO DE BUEU
Por resolución de Alcaldía do día 13 de abril de 2016 aprobáronse as bases que regulan o proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 6 auxiliares de policía local para o Concello de Bueu.
As bases do proceso selectivo poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodebueu.org).
O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 05 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

CONCELLO DE   MOAÑA
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE POLICIA
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 04.04.2016, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de auxiliares de policía mediante o sistema de oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org).

CONCELLO DE   SOUTOMAIOR
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO XERAL ANO 2016
Polo Pleno desta Corporación de data 21 de marzo de 2016, aprobouse inicialmente o Orzamento Xeral deste Concello, así como a relación de postos de traballo e plantilla do persoal correspondente ó exercicio de 2016, que resultou definitivo ó non se presentar ningunha reclamación durante o período de exposición pública (segundo anuncio publicado no B.O.P. nº 58 de data 28/03/2016). En cumprimento do disposto no art. 169.3 do R.D.Lex. 2/2204, do 5 de marzo, e 127 do R.D. Lexislativo 781/86, de 18 de abril, e art. 75.5 da Lei de Bases de Réxime Local, na redacción dada a mesma pola Lei 14/2000 do 28 de decembro, respectivamente, faise público o citado Orzamento resumido por capítulos, á relación de postos de traballo e plantilla do persoal, as retribucións dos membros corporativos con dedicación, indemnizacións e asistencias, de acordo có anexo que se cita a continuación. Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse directamente recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte do da publicación do presente anuncio no B.O.P., debendo previamente comunicalo ó órgano que ditou o acto segundo prevén o art. 37.1 e 57.2 da Lei Reguladora desta xurisdición, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, significando que a interposición do citado recurso non suspenderá por sí soa a aplicación do orzamento definitivamente aprobado, tal e como determina o art. 171.3 do R.D.Lex. 2/2004, do 5 de marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario