jueves, 7 de abril de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 07/04/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
07/04/2016
MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO
APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO
Aprobación inicial da Modificación dos Estatutos da Mancomunidade de Concellos do Morrazo.
A Asemblea da Mancomunidade, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de marzo de 2016, acordou a aprobación inicial de modificiación dos Estatutos da Mancomunidade de Concellos do Morrazo. En cumprimento do establecido artigo 143.1 aliña b) da lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia sométese o expediente de modificación dos Estatutos a información pública por o prazo dun mes.
Transcorrido o devandito prazo, continuarase a tramitación do expediente segundo procedemento establecido polo sinalado artigo 143 da lei 5/1997.

APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2016
A Asemblea da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, en sesión ordinaria de data do 28/03/2016, adoptou acordo de aprobación inicial do Orzamento Xeral da Mancomunidade de Concellos do Morrazo para o exercicio 2016, polo que en cumprimento do establecido no artigo 169.1 do RD Lex. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ó público na Intervención da Mancomunidade, no Concello de Bueu, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas. De non presentarse reclamacións durante o indicado prazo o Orzamento considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE  SILLEDA
EDITO PARA A SELECCIÓN DE XUIZ DE PAZ DE SILLEDA
Próximo a vencer o período polo que se nomea o Xuíz de Paz titular e substituto deste Concello, en cumprimento co disposto no artigo 101.4 da Lei 6/85 do Poder Xudicial, o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de 7 de Marzo 2016 fixando un prazo de 3 meses e as instrucións ditadas pola Dirección Xeral de Xustiza sobre o desenvolvemento do proceso electoral para elección de devanditos cargos, publicase a seguinte,

CONCELLO DE TUI
MODIFICACIÓN RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria de data 29 de febreiro de 2016, aprobou a modificación da relación de postos de traballo do Concello de Tui.
De conformidade co art. 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproban as disposicións legais vixentes en materia de réxime local, por medio do presente anuncio, procédese á publicación íntegra da mencionada modificación. A relación de postos de traballo, na súa integridade, publicouse no Boletín Oficial da Provincia nº 207, de data 24 de outubro de 2008.

No hay comentarios:

Publicar un comentario