30/08/2016
CONCELLO DE CRECENTE
APROBACIÓN CONTA XERAL 2015 EDICTO
Conta xeral – 2015
Unha vez formulada e
rendida a conta xeral correspondente ó exercicio de 2015, e informada pola
Comisión Especial de Contas, exponse ó público, cos documentos que a
xustifican, na secretaría desta entidade polo espazo de quince días hábiles,
contados a partir do seguinte ó da inserción deste edicto no BOP, co obxecto de
que as persoas interesadas lexítimas poidan examinala e formular por escrito os
reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante o dito prazo de
exposición e os oito días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos
116 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e do 212
do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Crecente, 23 de
agosto de 2016.—A Alcaldesa en funcións, Marisol Gómez Domínguez.
CONCELLO DE PONTEAREAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PLANTILLA POR XUBILACIÓN ANUNCIO
Visto o anuncio
publicado no BOP do 14 de xuño de 2016 (nº 113), sobre a aprobación inicial da
modificación da plantilla de persoal consistente na amortización das prazas
vacantes por xubilación de funcionarios e persoal laboral, e tendo en conta que
non se produciron alegacións ou reclamacións contra a citada modificación
durante o prazo concedido, considerase aprobada definitivamente dita
modificación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario