viernes, 12 de agosto de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 10/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
10/08/2016
DEPUTACION PROVINCIAL
CONVOCATORIA DE 400 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS PRIVADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016
Con fundamento no artigo 35.2.b da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 5 de agosto de 2016, acorda aprobar a convocatoria de 400 bolsas de práctica laboral no sector empresarial da provincia de Pontevedra, que se rexerá polas seguintes:
BASES
Primeira. Obxecto
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 400 bolsas de práctica laboral relacionadas no anexo I desta convocatoria e destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.

CONCELLO DE PONTEAREAS
PUBLICACIÓN DA CONTA XERAL DO 2015 EDICTO
En cumprimento do disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse o público a Conta Xeral correspondente o exercicio do 2015, por un prazo de quince días durante os cales e oito mais os que se estimen interesados podrán presentar alegacións, reparos ou observacións que teñan por convintes.

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO
APROBACIÓN CONTA XERAL EDICTO
Rendida a Conta Xeral do exercicio 2015, ditaminada favorablemente pola Xunta de Goberno, na sesión do día 29 de xullo do 2016, a mesma atópase exposta na sede desta entidade polo prazo de 15 días hábiles, que comezarán a contar dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, o obxecto do seu exame e formulación, por escrito, os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante dito prazo e os 8 días seguintes, de conformidade coas Leis 7/85 RBRL, e RDL 2/04.

No hay comentarios:

Publicar un comentario