viernes, 19 de agosto de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 17/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
17/08/2016
CONCELLO DE PONTEVEDRA
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA CONTA XERAL 2015
TRÁMITE: Anuncio de exposición ao público. REF.07/2016
Rendida a Conta Xeral do Concello de Pontevedra, correspondente ao exercicio 2015 e informada pola Comisión de Economía e Facenda e Especial de Contas na sesión que tivo lugar o 12 de agosto de 2016, exponse ao público por prazo de quince días, durante os cales e oito máis os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións.
Isto de conformidade co establecido no artigo 212 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
A estes efectos, e segundo o art. 7 e) da Lei 13/2019, de Transparencia e bo goberno, en relación co art. 5.4 da mesma lei, a propia Conta poderá consultarse na sede electrónica municipal:
http://sede.pontevedra.gal/public/publications/list/transparency/ECO-CONTAS Pontevedra, 12 de agosto de 2016.—A Alcaldesa accidental, María Carmen da Silva Méndez.

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
CONTA XERAL DO ORZAMENTO DE 2015 EDICTO
Formulada e rendida a Conta Xeral do Orzamento desta Corporación, correspondente ó exercicio de 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ó público cos documentos que a xustifican na Secretaría desta Entidade, polo termo de 15 días hábiles, que se contarán dende o seguinte ó da inserción deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que estimen pertinentes durante o expresado prazo de exposición e os oito días seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212 do Texto refundido da Lei de facendas locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 27/2004, do 5 de marzo. Pazos de Borbén, 5 de agosto de 2016.—O Alcalde, Andrés Iglesias Rodríguez.

CONCELLO DE PORTAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO MUNICIPAL DO CONCELLO PARA O EXERCIZO 2016 EDICTO
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de data 18 de xullo de 2016 (nº 136), publicouse o anuncio de exposición pública do Orzamento Municipal de Portas para o exercicio 2016, aprobado inicialmente polo Pleno en sesión de data 7 de xullo de 2016.
Unha vez transcorrido o período de exposición pública, sen que se presentaran alegacións, o orzamento considérase definitivamente aprobado.
En cumprimento co disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, publícase o resumo por capítulos, co seguinte detalle:

No hay comentarios:

Publicar un comentario