miércoles, 24 de agosto de 2016

BOLETINES 23/08/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
23/08/2016
CONCELLO DE CANGAS
CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO SELECTIVO DE UN/UNHA PEDAGOGO/A, UN/UNHA FISIOTERAPEUTA E UN/UNHA MESTRE ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE NO RÉXIME DE FUNCIONARIO INTERINO ANUNCIO
Por acordo de Xunta de Goberno Local de data 26/07/2016 aprobouse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a contratación en réxime de funcionario interino dun/ha pedagogo/a ou psicopedagogo/a, dun/ha fisioterapeuta e dun/ha mestre/a especialista en audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica ou educación especial que estarán afectos ó servizo “Aula de Estimulación de Nenos/as” polo sistema de concurso-oposición libre.
O período de presentación de instancias será de vinte días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do presente anuncio, tempo no que as bases estarán expostas ao público no Taboleiro Municipal e na páxina web do Concello www.cangas.gal.

CONCELLO DE A GUARDA
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO ORZAMENTO CORRESPONDENTE AO EXERCICIO ECONÓMICO 2015 ANUNCIO
Formulada e rendida a Conta xeral do Orzamento deste Concello, correspondente ao exercicio económico de 2015, e informada pola Comisión especial de Contas, en sesión de data 11 de agosto de 2015, exponse ó público, segundo o artigo 212.3 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, polo prazo de quince días hábiles, durante os cales e oito máis, os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes. A Guarda, a 11 de agosto de 2016.— O Alcalde en funcións, Miguel A. Otero Español.

BOE                             Descripción: boe    
23/08/2016

DOG                               

23/08/2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario